Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

24/12/22 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axuda aos concellos a financiar os seus servizos sociais municipais cunha achega de 15,9 M€

Estes fondos canalízanse a través do Plan Concertado e destínanse á contratación de persoal, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e ao desenvolvemento de programas de inclusión

23/12/22 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na 27º edición do certame Tarxetas de Nadal de Special Olympics

Nesta 27 edición participaron 32 entidades de toda Galicia e presentáronse arredor de 965 deseños diferentes

23/12/22 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que ‘Xuntos polo Nadal’ é o mellor antídoto contra a soidade para as persoas maiores

Ofrece estadías 100 % gratuítas en réxime de pensión completa para as persoas maiores que non teñen con quen pasar estas datas

22/12/22 | 15:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo de Aspace Lugo para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, salientaron que a Consellería de Política Social e Xuventude achegou case 58.000 euros en 2022 para apoiar o labor da asociación

22/12/22 | 14:54 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste 31,5 M€ para que os nenos nacidos no 2023 teñan acceso á tarxeta Benvida

Rueda resalta que máis de 92.500 familias galegas xa se beneficiaron desde 2016 desta axuda, cun orzamento acumulado de 196 M€, para atender os gastos que supón o nacemento dun fillo

22/12/22 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta fai entrega dos alimentos non perecedoiros ao Banco de Alimentos

Gabriel Alén fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda, en colaboración con 33 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá

21/12/22 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias salienta o “carácter diverso e inclusivo” do novo proxecto 'Somos 2' da Fundación Igualarte “na busca dunha sociedade máis xusta”

A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Persoas con Discapacidade participaron na presentación da nova iniciativa

21/12/22 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

O programa ‘Xuntos polo Nadal’ da Xunta comeza mañá nas residencias de tempo libre do Carballiño e Panxón

Ofrece estadías 100% gratuítas en réxime de pensión completa para as persoas maiores que non teñen con quen pasar estas datas

20/12/22 | 20:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publicará a principios do vindeiro ano a orde de estrutura de residencias

Regulará a organización dos centros de nova creación atendendo a unidades de convivencia dun máximo de 25 usuarios

20/12/22 | 19:56 | C. de Política Social e Igualdade