Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

16/12/22 | 17:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta consolida a súa aposta pola innovación turística na clausura da segunda edición de Turislab

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na clausura da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos posta en marcha pola Xunta de Galicia, da que 8 statups chegaron á final.

15/12/22 | 19:05 | Axencia de Turismo de Galicia

Arranca en Ourense a segunda edición do Xacobeo Peregrinas con Lydia del Olmo e Cristina Pato

Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas nas sete cidades galegas levado a cabo polo Goberno galego coa colaboración da Fundación La Caixa

15/12/22 | 16:32 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro e Javier Arias visitan as obras da área de descanso para peregrinos en Sarria

A directora de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo visitaron os traballos executados ao amparo das axudas para o embelecemento do Camiño de Santiago
 

14/12/22 | 19:57 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Galicia contará co Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía aprobado hoxe na Conferencia Sectorial de Turismo a proposta da Xunta

O obxectivo desta iniciativa é a promoción de Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025

13/12/22 | 15:04 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a recuperación da fortaleza de Monterrei como modelo da alianza do turismo co patrimonio histórico

Sinala que a comezos de 2023 licitaranse as obras para recuperar inmobles do recinto e poñelas ao servizo de usos turísticos
 

11/12/22 | 12:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta asiste á estrea do documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”

O evento tivo lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións e contou cunha axuda do Goberno galego ao abeiro do programa O Teu Xacobeo

10/12/22 | 20:11 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro destaca o pulo turístico e cultural para a nosa comunidadade dos beléns navideños

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do belén de Moraña no que se reproducen as principais iconas turísticas e bens patrimoniais do municipio.

10/12/22 | 12:02 | Axencia de Turismo de Galicia
10/12/22 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Becerreá, Baralla e As Nogais teñen en marcha o cuarto obradoiro 'Vía Künig' financiado pola Xunta con 510.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que está previsto construír dúas sendas peonís paralelas á estrada N-VI e ampliar o centro sociocultural de Baralla para habilitar un punto de atención aos peregrinos

07/12/22 | 13:18 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro destaca o éxito do programa 'O teu Xacobeo', ao que o goberno galego destinou 9,5 millóns de euros e no que se levaron a cabo 700 proxectos en toda Galicia

Trátase dunha pioneira convocatoria de axudas creada no ano 2019 co obxectivo de involucrar á poboación galega na celebración do dobre Ano Santo a través de proxectos que xiren en torno ao Ano Santo