Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/01/21 | 10:35

A Xunta apoia ás federacións de confrarías de pescadores para impulsar a representación do sector e a súa competitividade

As catro entidades que agrupan ás 63 confrarías galegas beneficiaranse este ano de máis de 400.000 euros para facer fronte a gastos derivados da súa actividade e á implantación de melloras para optimizar o seu labor

16/01/21 | 10:25

A futura Lei de arquitectura recibe case 40 achegas no período de consultas previas e avanza na súa tramitación para aprobación inicial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda agradece a participación e implicación da sociedade no período de consultas previas desta nova ferramenta específica nesta materia

16/01/21 | 10:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para impulsar o uso das enerxías renovables e a eficiencia enerxética no sector agrícola

O Goberno galego destina 2,5M€ para que empresas e autónomos do ámbito agrícola primario poidan optimizar o seu consumo enerxético e desenvolvan proxectos de biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e eólica

16/01/21 | 10:09

A Xunta abre o prazo de solicitude para a acreditación da experiencia profesional de 1.200 traballadores galegos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria para este ano cun total de 1.209 prazas en sete cualificacións profesionais

16/01/21 | 09:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca axudas para o fomento do uso do galego no ensino preuniversitario

A Consellería de Educación publica no DOG as ordes de subvencións destinadas a apoiar o labor dos equipos de dinamización da lingua galega

16/01/21 | 09:51 | C. do Medio Rural

Manuel Rodríguez visita as bases aéreas de loita contra os incendios en Lugo para explicar as melloras que permitirán optimizar recursos e acurtar os tempos de reacción

O director xeral de Defensa do Monte lembrou que se investirán 15 millóns de euros nas instalacións, no equipamento e no parque móbil do Servizo en toda Galicia, así como na construción dun Centro integral para a loita contra o lume

16/01/21 | 09:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior en Sada por preto de 70.000 €

As empresas interesadas neste traballo, cun prazo de execución de 6 meses, poden presentar as súas ofertas ata o día 11 de febreiro

16/01/21 | 09:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Pontepedra e do rego da Xunqueira no concello de Tordoia

Augas de Galicia leva a cabo estas actuacións nos tramos destes ríos ao seu paso pola parroquia de Cabaleiros

15/01/21 | 16:51 | C. de Sanidade
15/01/21 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta renovará no 2021 o Préstamo Vendima para garantir que as adegas poidan mercar toda a uva da colleita en condicións normais de mercado

Este instrumento púxose en marcha en 2020, diante das dificultades derivadas da pandemia pola covid-19, para financiar tamén o capital circulante destinado a cubrir os custos da uva de produción propia de cada adega