Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza en dúas novas estradas da provincia de Ourense, continuando coas actuacións en vías da Coruña, de Lugo e de Pontevedra
Comezan os labores na OU-111, en Laza e Vilar do Barrio, e na OU-212, da Ermida-a Beade; e intensifícanse na OU-504, entre Ribadavia e Cea, na OU-531 A, en Xinzo e Cortegada e na OU-113, de Verín a Vilar de Barrio
A exposición 'Galicia, de Nós a nós' despídese do Gaiás con 15.000 visitantes e inicia a súa itinerancia a Ourense e Pontevedra
É a segunda gran exposición do Goberno galego na Cidade da Cultura ao abeiro do Xacobeo 2021 e organízase en colaboración coa Deputación de Ourense
Trinta e oito estudantes de ensinanzas artísticas superiores benefícianse das axudas da Xunta para o programa Erasmus+
O Goberno galego destina 40.000 euros a esta convocatoria complementaria
A Xunta iniciará este ano en Vigo a construción do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia
O conselleiro de Sanidade presentou hoxe o proxecto da nova infraestrutura sanitaria e afirmou que nos orzamentos anuais xa hai consignado 1 millón de euros para a licitación e inicio da obra
Román Rodríguez anuncia que a Xunta investirá 160.000 € na restauración do Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón
A achega permitirá resolver os problemas de humidade, revisar a cuberta, limpar as fachadas e substituír a carpintería exterior que estea en mal estado
A Xunta aboou a 900 negocios da Coruña as axudas solicitadas pola hostalería dentro do Plan de rescate por un total de 2,4 M€
Na provincia 3.116 locais de hostalería obtiveron apoios que suman 8 millóns de euros
A Xunta inviste na conservación do patrimonio galego e na modernización de inmobles históricos con potencial turístico
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visita o Pazo de Mos, onde a Administración autonómica colaborou no acondicionamento eléctrico do inmoble e do seu albergue de peregrinos
Galicia rexistra un total de 11.666 casos activos por coronavirus
Un total de 61.853 pacientes xa están curados
A Xunta habilita os espazos xoves para que todas as mozas e mozos galegos poidan solicitar de xeito presencial a Chave365
Poderase realizar nas doce instalacións autonómicas, así como no Centro Coordinador de Información Xuvenil e no Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo