Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/01/21 | 12:41 | C. do Medio Rural

A Xunta licita a sinalización das Rutas do Viño da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, nas que investirá 322.000 euros

O delegado territorial de Ourense, Gabriel Alén, explicou que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 25 de xaneiro

06/01/21 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Quenxe, ao seu paso polo concello da Laracha

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido pola parroquia de Torás

06/01/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudicou cinco novas parcelas de solo empresarial cunha bonificación no prezo de máis de medio millón de euros

A superficie empresarial adxudicada localízase nos parques de Carballo, Ponte Caldelas e Santiago de Compostela e suman case 16.000 m2

06/01/21 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participou en sete proxectos europeos cun investimento de máis 1,2 millóns de euros para impulsar o turismo sostible e competitivo

Galicia participou nestas sete iniciativas, que mobilizaron máis de 6,8 millóns de euros, para desenvolver proxectos turísticos no noso territorio no marco dos programas europeos POCTEP e COSME

06/01/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 213 centros e máis de 10.000 escolares participan no programa Clubs de Lectura neste curso 2020-21

Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe

06/01/21 | 11:53

Galicia despediu o ano 2020 cun decembro moi húmido e no que as temperaturas medias se moveron en valores normais

O avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia subliña que o período estivo marcado pola chegada consecutiva de varios centros de baixas presións que deron paso á entrada de borrascas frías na última semana

06/01/21 | 11:31 | C. do Medio Rural

O CIAM impulsa os programas de selección orientados a continuar mellorando a calidade xenética do seu rabaño frisón de produción de leite

O CIAM aposta por novas liñas xenéticas e pola recría dos 32 animais nacidos no Centro dende 2017, situados entre o 20% dos mellores exemplares rexistrados no libro xenealóxico da raza frisoa a nivel nacional

06/01/21 | 11:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 6.404 casos activos por coronavirus

Un total de 57.925 pacientes xa están curados

05/01/21 | 17:07 | C. de Sanidade

A Xunta administrou o 65% das vacinas da primeira remesa enviada polo Goberno central

A Consellería de Sanidade confirma a vacinación, na primeira semana, de máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios

05/01/21 | 15:24

As obras para mellorar o espazo polivalente no núcleo de Celeiros en Chandrexa de Queixa poden comezar en xaneiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xa asinou o contrato coa empresa adxudicataria, por un importe de case 75.000 euros