Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/01/21 | 15:13

O pleno do Consello Galego de Pesca apoia a folla de ruta deseñada por Galicia para facer fronte aos efectos do acordo sobre o brexit

A estratexia galega terá como base os dous informes encargados pola Xunta sobre o impacto do brexit, que serán presentados ao Consello Galego de Pesca en canto estean dispoñibles

05/01/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
05/01/21 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita o Liceo de Ourense para comprobar o remate das obras na súa cuberta

Turismo de Galicia investiu 104.060,00 € na reparación da súa cuberta

05/01/21 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Augas de Galicia trasládalle ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que os desmantelamentos na central térmica das Pontes poden causar impactos significativos nos ríos da contorna

A Xunta vén de emitir un informe que detalla a afección do proxecto ás zonas de servidume e policía de varias canles na área da actuación

05/01/21 | 13:39

Medio Ambiente investirá case 200.000 euros nas obras de mellora do parque público de Maceira, no concello de Covelo

Os traballos a executar, cun prazo estimado de tres meses e que comezarán en xaneiro, consistirán nunha intervención integral co fin de actualizar este espazo e facelo máis accesible e atractivo para a veciñanza

05/01/21 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de San Cibrao das Viñas na creación de dous parques e un campo de fútbol e baloncesto

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

05/01/21 | 13:16 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social impulsa o comedor social de San Vicente de Paúl en Marín con 160.000 euros en axudas

Neste servizo aténdese a preto dun centenar de persoas en situación ou risco de vulnerabilidade social

05/01/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A retransmisión do inicio do Xacobeo 2021-2022 foi seguida por máis de 1,5 millóns de persoas en 33 países de todo o mundo

O audiovisual conducido por Carlos Núñez co que se pechou o acto contou coa participación solidaria e altruísta de destacados artistas como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, Rozalén, Amaral, Iván Ferreiro, Xabier Díaz, Cristina Castaño ou Paulo Coelho, entre outros

05/01/21 | 12:19 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica a cuarta Guía DXT Galego para achegarse do modo máis seguro posible á volta á competición de nenos, mozos e amateurs

Grazas a esta aproximación máis segura aos contidos específicos de cada deporte, acádase gran motivación, reforzo e recompensa para o deportista, o que aínda se potenciará máis cando a práctica inclúa xa a propia actividade competitiva

05/01/21 | 12:15

Galicia é a cuarta comunidade coa menor subida do paro na comparativa anual a pesares da incidencia xeralizada da covid na campaña de Nadal

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, sinalou que o desemprego aumenta en todas as comunidades con respecto a decembro de 2019, aínda que en Galicia o ritmo de subida (14,69%) anual é oito puntos inferior ao do Estado (22,90%)