Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/12/20 | 15:41 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizará 4.000 M€ para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental

Feijóo asevera que queremos planificar a vindeira década desde o punto de vista da intelixencia artificial, da ciberseguridade, da xestión masiva de datos ou a consolidación do 5G

03/12/20 | 15:38 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a posta en marcha de equipos de intervención rápida para actuar coa máxima celeridade e atallar o avance do virus nunha residencia intervida

Explica que haberá un equipo por cada provincia, que estará conformado por un mínimo de 10 auxiliares de enfermería

03/12/20 | 15:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Marta Fernández-Tapias cifra en máis de 2,3 millóns de euros as obras en execución nos centros escolares da cidade de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo achegouse ata o CEIP Santa Mariña para supervisar o cambio da cuberta no que se investiron 112.518 euros

03/12/20 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o director xeral de Maiores e Discapacidade visitan a asociación de Dano Cerebral de Vigo

Marta Fernández-Tapias e Fernando González Abeijón puxeron en valor que a Xunta financia 609 prazas polas que achega máis de 7,8 millóns de euros na cidade

03/12/20 | 15:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O programa Girl Stem entrevista a Amparo Alonso Betanzos, investigadora en proxectos de computación e intelixencia artifical

A quinta conversa desta edición pon o foco na fenda de xénero que se producen no ámbito da intelixencia artificial e dos riscos que corremos como sociedade se non recibimos formación en TIC’s

03/12/20 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achegou 27.000 euros ao Concello do Incio para construír un parque infantil en Vila de Mouros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a nova infraestrutura, situada xunto ao local social do lugar do Barrio

03/12/20 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Endesa entregan ordenadores a 18 centros educativos de Ferrol para estudantes en situación de vulnerabilidade

O secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira, o director xeral de Endesa Noroeste, Miguel Temboury, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, fixeron hoxe o reparto

03/12/20 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta finaliza a mellora da estrada LU-933 entre o núcleo urbano de Monforte de Lemos e Chavaga, á que destinou 336.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou as obras de reforzo do firme en 6,7 quilómetros da vía e subliñou que a actuación “reforza a seguridade viaria e facilita a mobilidade da veciñanza desta contorna”

03/12/20 | 14:33

Lorenzana aborda co alcalde da Veiga programas e liñas de colaboración para impulsar o emprego local e a igualdade de oportunidades

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza co alcalde da localidade ourensá, Juan Anta