Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/12/20 | 12:33 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 7.419 casos activos por coronavirus

Un total de 44.563 pacientes xa están curados

03/12/20 | 12:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Sala Ártika de Vigo estrea o proxecto ‘Cambio de foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego

A Xunta, a través do CDG, contribúe esta temporada á produción de tres propostas noutros tantos espazos creativos vigueses, entre os que tamén se atopan Nononon.lab e Teatro Ensalle

03/12/20 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 99.000 alumnos participan este curso nas actividades do Plan Proxecta da Xunta de Galicia

A Consellería de Educación vén de resolver a convocatoria, que este ano implica 421 centros de ensino

03/12/20 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/12/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a relación de entidades beneficiarias das axudas para o desenvolvemento de proxectos de mellora da calidade da auga das traídas veciñais, cun investimento de 550.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de conceder nesta primeira convocatoria 54 axudas, dirixidas á mellora dos sistemas de abastecemento xestionados por comunidades de usuarios

03/12/20 | 11:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica hoxe no DOG as novas axudas para facilitar a instalación e mellora de terrazas e as vendas a domicilio na hostalería

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, agarda que o Goberno central se sume o antes posible co seu plan nacional á liña de cooperación establecida entre o sector e a Xunta

03/12/20 | 11:20

A Xunta expresa a súa máis enérxica condena e repulsa ante a morte dunha muller no concello de Gondomar

O Goberno galego recorda que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono da muller 900 400 273 ou o 016, gratuíto e confidencial

03/12/20 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida ás familias a gozar dun Nadal no Gaiás cunha grande árbore interactiva e con música ao vivo e en streaming

Os visitantes ao Museo Gaiás activarán as luces e música da árbore ‘Stellae’, da artista visual Marta Villaverde, a través da lanterna dos seus dispositivos móbiles

02/12/20 | 21:50 | C. de Sanidade

Sanidade valora positivamente a existencia dun documento marco para as celebracións do Nadal á espera de que as súas alegacións sexan incorporadas

O comité clínico avaliará a necesidade de introducir adaptacións específicas para Galicia no documento marco

02/12/20 | 21:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez invita a mergullarse na figura de Carvalho Calero para que o seu legado continúe máis presente ca nunca

O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou hoxe a mostra ‘Carvalho Calero. A voz presente’ centrada no autor ao que este ano se dedican as Letras Galegas