Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta reitera o seu compromiso a prol do sector do viño no marco da Festa do Albariño de Cambados
José González puxo en valor as diferentes iniciativas impulsadas polo Goberno galego para apoiar este eido produtivo
A Xunta consolida os convenios coas asociacións de criadores das razas autóctonas galegas para apoiar as súas actividades de recuperación, conservación e fomento
O conselleiro do Medio Rural e os representantes das asociacións de criadores das razas autóctonas galegas asinaron esta semana as addendas a estes convenios, para facilitar que os gastos do último trimestre de 2022 resulten elixibles
A Xunta celebra a través da estación de viticultura e enoloxía de Galicia actividades sobre os últimos avances neste sector
O programa incluíu unha xornada técnica no Mosteiro de San Clodio, na que foron tratados os proxectos Ferviña e Vitiozón, coa axuda da Universidade de Santiago de Compostela e de adegas colaboradoras
A Xunta pon en valor a nova lei da calidade alimentaria de Galicia no Consello Agrario Galego
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria foi o encargado de explicar o anteproxecto desta lei que se prevé ter aprobada neste ano 2022
Galicia lamenta a aprobación da estratexia nacional do lobo co voto en contra das comunidades que albergan preto do 93% das manadas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incide en que a nosa Comunidade non pode votar a favor dun documento que vai en contra da poboación rural galega, especificamente da que se dedica á gandería extensiva
Gabriel Alén salienta o traballo do centro de recursos zooxenéticos de Galicia na conservación e fomento de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción
O delegado territorial subliñou que Fontefiz é o centro de referencia de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción de gando vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa), ovino (Ovella Galega), cabrún (Cabra Galega), aviar (Galiña de Mos), equino (Cabalo de Pura Raza Galega), porcino (Porco Celta) e canino (Can de Palleiro)
Viña Costeira recibe o certificado de Galicia Calidade
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadavia a adega, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez
A Xunta impulsará unha nova parcelaria en Freixeiro que permitirá unificar 10.250 parcelas para optimizar a estrutura da propiedade
O delegado da Xunta reuniuse coa alcaldesa de Santa Comba para analizar a proposta que afecta a 706 veciños, que se levará mañá mércores ao Comité Técnico Asesor
Trenor e o alcalde de Touro analizan a proposta da nova parcelaria en Fao-Novefontes que reorganizará 8.589 parcelas para optimizar o uso desta zona agrícola
Esta reestruturación agraria ten un ámbito de actuación de 725 hectáreas que son propiedade de case 681 veciños
Rueda destaca que a Xunta investirá este ano máis de 37 M€ en axudas para promover a incorporación da mocidade ao sector agrario
O titular do Goberno galego asegura que o futuro do rural galego está na xente nova que decide emprender e botar raíces nas aldeas e nas vilas