Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Máis de 900 centros educativos públicos contan con plans de formación permanente de profesorado co apoio da Xunta
Isto supón máis do 75% do total dos centros galegos
Fabiola García recalca a necesidade de que a futura Estratexia nacional do reto demográfico conte co investimento suficiente
Expuxo os avances de Galicia neste ámbito con medidas como as casas niño e casas do maior no rural, a tarxeta benvida, a gratuidade da escola infantil para segundos fillos e sucesivos ou a Lei de impulso demográfico
Medio Ambiente licita por 157.000 euros o proxecto da nova planta de biorresiduos de Vilanova, que dará servizo a uns 25 concellos
A conselleira Ángeles Vázquez visitou hoxe o polígono vilanovés de Baión, onde se adquiriron sete parcelas de preto de 20.000 metros cadrados por 1,5 millóns
Subliña que a nova instalación xerará arredor de 30 empregos directos e indirectos e terá importantes beneficios para a economía local e de toda a comarca do Salnés
A Xunta agradece o labor dos voluntarios de Protección Civil con mais de 97.000 operativos dende o inicio da pandemia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, indicou que o voluntariado tivo e ten un papel fundamental pola súa forte implantación e cercanía á veciñanza
Román Rodríguez anuncia que preto de 200 bens quedarán protexidos coa declaración BIC de San Martiño Pinario
O conselleiro de Cultura visitou o mosteiro xunto co reitor, Carlos Álvarez, para informar do decreto que se aprobará mañá no Consello da Xunta
A Xunta adxudica por preto de 270.000 euros o servizo para a realización de inspeccións e xestión de noiros e muros da rede de estradas autonómicas nos próximos tres anos
O contrato terá unha vixencia inicial de 3 anos, coa posibilidade de prórroga durante 2 anos máis
Galicia estreita os lazos con Mozambique no eido formativo para impulsar o crecemento do seu sector marítimo-pesqueiro
A Consellería do Mar, a través do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, participa nunha alianza público-privada co Goberno mozambicano, a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e o Grupo Nueva Pescanova coa súa filial Pescamar
Galicia é a terceira comunidade coa menor subida do paro na comparativa anual
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, sinalou que o desemprego aumenta en todas as rexións con respecto a novembro de 2019 sendo en Galicia o ritmo de subida (13,17%) máis de sete puntos inferior ao rexistrado no Estado (20,42%)
A Xunta leva ata Riós a campaña de información e sensibilización Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual
A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, que está a percorrer Galicia, inclúe diferentes talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades
A Xunta adapta á situación creada pola pandemia o programa de unidades formativas para persoas ocupadas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde de modificación das bases do Programa de Unidades Formativas 2019-2021 para introducir cambios derivados da situación da pandemia cara a garantir e ampliar o seu funcionamento