Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/12/20 | 12:02 | C. de Sanidade

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a sede do Comité Cidadán Antisida

Gabriel Alén agradeceu o traballo desta organización destinada a reivindicar ante a Administración a posta en marcha de medidas sanitarias e sociais e xerar un espazo humano de apoio e acompañamento ás persoas afectadas, así como un grupo de loita contra a discriminación e o estigma

01/12/20 | 11:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará o vindeiro ano 60.000 euros a iniciar a construción do novo edificio xudicial da Estrada

O Vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde, José Campos e da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou o solar no que se ubicará o novo edificio xudicial

01/12/20 | 11:18

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a primeira Área de Rehabilitación Integral de Guitiriz, a ARI de O Buriz e Os Vilares

Esta nova ARI abarca unha superficie de máis de 65 km2, comprende seis núcleos rurais onde están inventariadas unhas 234 construcións, das cales un 40% son vivendas e, dentro delas, un 80% son de tipoloxía tradicional

01/12/20 | 11:10

Os veciños de Rairiz de Veiga disporán dun punto limpo móbil para a recollida de residuos urbanos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo un encontro coa rexedora municipal á que lle trasladou que a Deputación de Ourense resultou beneficiaria dunha axuda para mellorar a xestión dos residuos, así como para a posta en marcha dun proxecto de fomento da compostaxe ‘in situ’

01/12/20 | 11:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta confía en que as sete novas iniciativas seleccionadas para participar na BFAero consoliden esta aceleradora como o núcleo da industria aeroespacial galega

Con catro proxectos de fóra de Galicia -dous de Madrid, un de Alacante e outro de Zaragoza- a terceira edición ábrese ao exterior e confirma o interese que esperta esta iniciativa na que tamén participarán equipos da Coruña, Pontevedra e Vigo

01/12/20 | 10:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Sergas comeza un cribado preventivo con PCR a alumnado de primeiro e segundo de bacharelato de diversos centros educativos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

En coordinación coas Consellerías de Sanidade e de Educación, Cultura e Universidade, cribará a 2.700 alumnos de IES de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Cambados e O Grove ata o vindeiro 11 de decembro

01/12/20 | 10:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca ante a directiva do novo Cub de Empresarios e Executivos de Galicia o apoio da Xunta ao sector productivo co maior orzamento da historia de Galicia para o 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo un encontro cos responsables desta nova entidade que naceu na Coruña e conta xa con 200 asociados

30/11/20 | 19:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A iniciativa ‘Mar de cultura’ da Xunta encherá Vigo de música durante esta semana desde o Museo do Mar de Galicia

A Consellería de Cultura presenta un novo festival de música 100 % galega no que se darán cita oito dos artistas e formacións máis coñecidos do país

30/11/20 | 18:45 | A Presidencia da Xunta

A Xunta, o Eixo Atlántico e o Consello Económico e Social crearán unha comisión executiva para seguir demandando investimentos no Corredor Atlántico do Noroeste

Convidarase a participar á FEGAMP para seguir sumando vontades e reforzar a alianza de éxito forxada con Asturias e Castela e León