Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/11/20 | 17:13

Luisa Piñeiro destaca “o gran traballo da Xunta en formación e emprego” na clausura do obradoiro de hostalaría 'A Lanzada II' no Grove

A delegada territorial resalta que o Goberno galego “está a redobrar o esforzo nestas áreas especialmente nestes momentos complicados pola pandemia e co obxectivo de impulsar canto antes a reactivación”

30/11/20 | 17:06 | C. de Sanidade

O Sergas contará en decembro con 150 novos contratos de persoal de enfermería por un periodo dun ano

Trátase de nomeamentos de emerxencia sanitaria de continuidade, co obxectivo de sumar máis medios á asistencia durante a pandemia

30/11/20 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dá traslado ao sector hostaleiro dun plan de desescalada que contempla unha apertura gradual segundo a situación sanitaria de cada concello

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reunironse esta mañá con representantes do Clúster Turismo de Galicia e do sector da hostalería e da restauración

30/11/20 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social inicia esta semana unha campaña a pé de rúa para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado

Baixo o lema ‘O voluntariado non para’, unha furgoneta-plató móbil percorrerá a partir do vindeiro venres as sete cidades galegas para facer entrevistas a persoas voluntarias e achegar información sobre os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

30/11/20 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achegou 273.000 euros ao concello de Abadín para mellorar accesos en seis parroquias e adquirir 67 contedores de residuos

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe o municipio para comprobar as actuacións financiadas pola Administración galega a través do Fondo de Compensación Ambiental

30/11/20 | 15:00 | Secretaría Xeral para o Deporte
30/11/20 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a adquisición dun vehículo para labores ambientais da Policía Local do concello de Ordes

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega esta mañá deste vehículo todocamiño híbrido co que os axentes poderán velar pola protección do medio ambiente