Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/11/20 | 14:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta de Galicia propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público para 2020 máis de 2.500 prazas de acceso libre

O maior número de prazas concéntrase na escala de axentes técnicos facultativos con 539 prazas na especialidade de xardín de infancia; e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais con 484 prazas, das que 476 son para a especialidade de persoal de limpeza e cociña

30/11/20 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o CSIC conclúen o estudo histórico-arqueolóxico do túnel de Montefurado en Quiroga

A investigación permitiu investigar a estabilidade estrutural deste elemento e constatar que forma parte dun conxunto mineiro moito máis amplo

30/11/20 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia un congreso internacional que Galicia acolle esta semana sobre os retos de futuro do turismo relixioso

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do congreso do Congreso Internacional “As rutas de peregrinación como impulsoras do turismo internacional, e impartirá a conferencia inaugural sobre o Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021

30/11/20 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil

Entre os anos 2015 e 2019 a Xunta de Galicia investiu na adquisición de medios de emerxencias aos concellos para a súa utilización polas AVPC ou servizos de emerxencia municipal algo máis de 12 millóns de euros en toda Galicia e de case que 3,5 millóns de euros na provincia de Ourense

30/11/20 | 14:09 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia aspira a mobilizar máis de 1.200 millóns de euros en cinco proxectos para impulsar o sector forestal

Feijóo salienta que o proxecto para construír a primeira fábrica de viscosa en Galicia, cun investimento de 950 M€, permitiría a contratación de máis de 1.000 persoas

30/11/20 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de estabilización dun noiro na estrada PO-308 en Raxó, no concello de Poio

Os traballos, que comezarán nas vindeiras semanas, teñen un prazo de execución dun mes e suporán un investimento superior aos 28.000 euros

30/11/20 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía en 1.500 prazas a oferta pública de emprego en educación, co que compromete xa un total de 5.000 ata 2022

Os orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para 2021 ascenden a preto de 2700 M€, o segundo máis importante da Xunta, cun incremento do 62% nas partidas inversoras

30/11/20 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica identificou a case 200 persoas durante esta fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 48 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

30/11/20 | 13:15 | C. de Sanidade

Sanidade lembra que a mellor medida contra a infección polo VIH é a prevención, xa que non existe vacina ou tratamento curativo

Durante unha visita ao Comité Cidadán Antisida da Coruña, o titular da carteira sanitaria puxo en valor o labor encomiable de todas as entidades que traballan neste ámbito

30/11/20 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 22 denuncias esta fin de semana na provincia da Coruña en 21 operativos para controlar as medidas ante a covid-19

No marco destes controis os axentes realizaron 53 inspeccións en seis concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 26 persoas