Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Plan Marco de mellora de camiños da Xunta permite que 24 concellos da área de Santiago invistan en infraestruturas rurais máis dun millón de euros na convocatoria de 2020-2021
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou os proxectos levados a cabo en Oroso ao abeiro deste programa desde o 2018
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego dos Pulpos no concello de Ponteceso
As tarefas inclúen a limpeza nun tramo de máis de medio quilómetro de lonxitude deste rego ao seu paso polos distintos lugares da parroquia de Corme Porto
Feijóo apoia a Braga no lanzamento da súa candidatura a Capital Europea da Cultura 2027
“Se Braga o consegue, coincidiría co Ano Santo 2027, o que suporía para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal unha feliz coincidencia e a súa consolidación desde o eido cultural”, asevera
O Colexio de Enxeñería Informática premia iniciativas apoiadas pola Xunta como a Cidade das TIC e os Programas de Impulso ás vocacións científicas da Tecnópole
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, recolleu o Premio á Innovación Tecnolóxica no Ensino outorgado ao Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en San Cibrao das Viñas
Feijóo destaca o apoio da Xunta á dixitalización coa activación de axudas por importe de 31 M€ desde o inicio da pandemia
Traslada o obxectivo de que o Goberno galego aprobe este mes a súa Estratexia de dixitalización ata o ano 2030
Emprego e Igualdade incrementa nun 32% o orzamento de 2021 con 355 millóns de euros para acadar unha Galicia con máis oportunidades laborais, máis igualitaria e sostible
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, compareceu hoxe no Parlamento para explicar as contas do próximo ano que teñen como principal reto facer fronte aos efectos da pandemia con programas para manter o emprego, crear traballo en igualdade de oportunidades e loitar contra a violencia de xénero
A Xunta realizará en colaboración coa cátedra de epidemioloxía da Universidade de Santiago de Compostela un estudo sobre o comportamento da covid nas residencias
O obxectivo principal desta análise é continuar a mellorar a atención aos usuarios e para que os centros estean máis preparados ante calquera incidencia
Sanidade suaviza as restricións nos concellos de Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa desta decisión tras a xuntanza do Subcomité clínico, que tamén acordou incorporar os concellos de Cee, Dumbría, Muxía, Ribadumia, Meis e Meaño aos municipios con restricións especiais
Emigración destinará 5 millóns de euros para potenciar as accións encamiñadas ao retorno no seu orzamento de 2021
A Secretaría Xeral aposta polo reforzo social aos galegos do exterior ante os efectos que está a ter a pandemia, destinando ás axudas económicas directas a persoas 3,32 millóns de euros
A Xunta asina o convenio coa Fegamp para a tramitación de sancións relacionadas coa covid-19
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou esta mañá co presidente da Fegamp, Alberto Varela, o acordo para articular a encomenda de xestión para realizar as actuacións auxiliares e de colaboración nos trámites das sancións polo incumprimento das medidas