Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/11/20 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Pontevedra avanzan nas negociacións para o reforzo do servizo de transporte público no municipio e a ampliación das bonificacións nas tarifas para os veciños

As administracións autonómica e local compartirán a xestión das liñas internas no municipio, asumindo o Concello a parte proporcional do déficit de explotación

27/11/20 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo avala a actualización do protocolo de atención domiciliaria para adaptalo ás situacións do contexto covid

Refórzanse os procesos de seguimento na atención ao alumnado, mellórase a coordinación entre centros educativos e autoridades sanitarias e flexibilízanse as condicións de ensino en canto a horarios e modos de atención

27/11/20 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa un proxecto piloto no concello de Oia para desenvolver un novo modelo de saneamento no rural máis eficiente, sostible e integrado no territorio

Estudarase a través de novas ferramentas os sistemas de depuración máis adecuados e eficaces para os pequenos núcleos de poboación

27/11/20 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras da creación da cuberta no parque infantil da alameda de Maside

Esta liña de axudas da Xunta conta cun orzamento de catro millóns de euros un millón máis que o exercicio anterior, e precisamente na convocatoria deste ano prima os proxectos de cubrición de parques infantís

27/11/20 | 14:06 | C. de Economía e Industria

Conde sostén que o laboratorio de Boeing no campus de Ourense será clave para impulsar a industria aeroespacial en Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación participou por videoconferencia na inauguración desta infraestrutura situada na Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, que inclúe un simulador de voo

27/11/20 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora a imaxe e a funcionalidade da estación de autobuses de Ribadeo, logo dun investimento de 140.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a reforma supuxo a substitución da cuberta e outros traballos de acondicionamento das instalacións e os servizos

27/11/20 | 13:59

Arias explica en Ribadeo as primeiras axudas convocadas pola Xunta para apoiar aos sectores máis afectados pola covid-19

O delegado territorial informou aos representantes de Acisa da próxima convocatoria de achegas para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar

27/11/20 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense inaugura a ruta “O románico nas Terras de Maside”

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, investiu máis de 5 mil euros