O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras da creación da cuberta no parque infantil da alameda de Maside

Esta liña de axudas da Xunta conta cun orzamento de catro millóns de euros un millón máis que o exercicio anterior, e precisamente na convocatoria deste ano prima os proxectos de cubrición de parques infantís

O delegado territorial subliñou a importancia de levar a cabo actuacións coma estas para colaborar coas necesidades dos concellos e contribuír á mellora da calidade de vida dos seus veciños pois permitirá o uso das instalacións todos os días do ano, con independencia da situación meteorolóxica

Ourense, 27 de novembro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe, acompañado do alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, os traballos levados a cabo no concello de Maside para construír unha cuberta no parque infantil da alameda.

Esta liña de axudas da Xunta conta cun orzamento de catro millóns de euros un millón máis que o exercicio anterior, e precisamente na convocatoria deste ano prima os proxectos de cubrición de parques infantís. A través desta orde, os concellos poden crear, mellorar ou reformar infraestruturas básicas dos servizos municipais.

O delegado territorial subliñou a importancia de levar a cabo actuacións coma estas para colaborar coas necesidades dos concellos e contribuír á mellora da calidade de vida dos seus veciños pois permitirá o uso das instalacións todos os días do ano, con independencia da situación meteorolóxica, posto que estarán protexidos da choiva, do vento e incluso da calor extrema no verán que se aliviará notablemente grazas á sombra que proporcionará a cuberta.

Gabriel Alén, tamén sinalou que “este tipo de actuacións aumentarán a vida útil dos elementos do parque infantil, precisamente por atoparse guarecidos das inclemencias meteorolóxicas”

Imaxes relacionadas