Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/11/20 | 14:46 | C. do Medio Rural

José González: "As Catas de Galicia permiten promocionar, identificar e premiar a tradición, o esforzo e dedicación de adegueiros e augardenteiros"

Os premios ao Mellor Viño de Galicia recaeron en 'Pazo Lalón', da bodega Pazo Lalón S.L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos e 'Ó Prómine Singular', de bodegas Petrón S.L. (DO Ribeira Sacra)

19/11/20 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Igadi colaboran nunha nova publicación para impulsar o uso do galego en todos os ámbitos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do IGADI, Daniel González, presentaron hoxe ‘O mundo en galego: comprender o global desde aquí’

19/11/20 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sinaliza unha ruta ciclista protexida de case 50 quilómetros polos concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e O Grove

Luisa Piñeiro supervisa a fase final desta actuación, que estará rematada en días e pretende favorecer a protección dos ciclistas deportivos con trinta indicadores

19/11/20 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta as instrucións para garantir as prácticas presenciais en empresas na FP no contexto da covid-19

O titular de Educación subliña que a prioridade absoluta é que as prácticas se realicen nos centros de traballo de xeito presencial, dado que proporcionan unha cualificación máis completa ao alumnado, pero hai que ter unha folla de ruta alternativa por se a evolución da pandemia non o fai posible

19/11/20 | 14:19 | C. de Sanidade

O Sergas adxudica a redacción do proxecto de ampliación de Urxencias-PAC do Hospital de Verín

Conta cun orzamento de máis de 130.000 euros e un prazo de execución dende a formalización do contrato de tres meses

19/11/20 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

Luisa Piñeiro destaca o apoio da Xunta ás escolas infantís de iniciativa social na visita a gardería 'Pipo' de Pontevedra, na que se invisten 171.845 € este ano

A Consellería de Política Social entregoulle unha axuda de 123.348€ para funcionamento e outra de máis de 29.000€ pola gratuidade da atención educativa dos segundos fillos

19/11/20 | 14:14

A Xunta remarca o papel dos centros especiais de emprego e a formación na integración laboral de persoas con discapacidade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza por videoconferencia co presidente de Fademga Plena Inclusión, Eladio Fernández

19/11/20 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello de Nogueira de Ramuín

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os traballos levados a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

O investimento do Goberno galego no municipio sitúase arredor dos 1,3 M€ nos últimos anos e inclúe proxectos conxuntos con outros concellos para optimizar recursos

19/11/20 | 13:36

A Área de Rehabilitación Integral de Sober recibe este ano case 150.000 euros para a recuperación de inmobles e espazos públicos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o concello lucense para coñecer o resultado dalgunhas das obras xa executadas nesta ARI, a única de Galicia que abrangue a totalidade dun municipio

19/11/20 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Bóveda renovou o sistema de iluminación do pavillón municipal co apoio da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias comprobaron o resultado das actuacións financiadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental