Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/11/20 | 13:53 | C. de Facenda e Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública trasladou a empresarios e sindicatos as liñas xerais dos Orzamentos da Xunta para 2021

Valeriano Martínez mantivo hoxe reunións coa Confederación de Empresarios de Galicia e coas organizacións sindicais

18/11/20 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá máis de 465.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca da Coruña

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo financia este tipo de traballos con cargo ás ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas

18/11/20 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta deseñará co sector turístico e as tres universidades galegas o Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentaron hoxe as bases do novo documento, no que o Goberno galego xa está a traballar para facer fronte aos efectos da covid-19 e reactivar o sector

18/11/20 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sensibiliza contra a violencia machista cun mónologo teatral na Cidade da Cultura coa actriz Estíbaliz Veiga

A compañía galega aAntena produce esta peza que se escenificará o vindeiro martes 24 de novembro no Museo Centro Gaiás

18/11/20 | 13:01

España selecciona a candidatura da Ribeira Sacra a reserva da biosfera para elevala ante a Unesco para o seu ditame definitivo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, anuncia que o comité nacional do Programa Home e Biosfera que avalía todas as propostas españolas acaba de aprobar o expediente remitido pola Xunta o ano pasado

18/11/20 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica un estudo acústico no treito Goián-A Guarda da vía de altas prestacións do Baixo Miño para avaliar a implantación de medidas correctoras

Os traballos foron adxudicados por un importe de máis de 7.000 euros e prevese telos rematados este mesmo ano

18/11/20 | 12:45 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia que nos Orzamentos de 2021 a política fiscal da Comunidade consolidará as rebaixas de impostos feitas en todas as lexislaturas

Salienta que 115.000 familias seguirán beneficiándose das rebaixas fiscais consolidadas na comunidade, tanto nos supostos do imposto de herdanzas e de doazóns, como tamén en todos os impostos cero no rural

18/11/20 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou máis de 1,1 millóns de euros para aumentar a seguridade fronte á covid-19 nos areais de 44 concellos galegos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, respondeu hoxe no Parlamento a unha pregunta sobre o Plan de seguridade nas praias posto en marcha pola Administración autonómica este verán

18/11/20 | 12:39

A Xunta financiará con preto de 50.000 euros a mellora do sistema de tratamento de augas no concello de Rubiá

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde Elías Rodríguez asinaron hoxe un convenio de colaboración en virtude do cal o departamento galego compromete esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación para concellos de menos de 50.000 habitantes

18/11/20 | 12:29

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a praza de Progo no concello de Riós na que se acometerán diversas obras de acondicionamento

Nesta actuación, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración co consistorio, vai investir case que 77.000 euros