Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/11/20 | 14:39 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de Internet, un 4% máis que en 2019

Só no último ano máis de 34.400 fogares da Comunidade optaron por contratar este servizo

16/11/20 | 14:30 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta enxalza o papel do deporte feminino para acadar a igualdade na sociedade e loitar contra a violencia de xénero

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, mantiveron hoxe en Santiago de Compostela un encontro virtual cos clubs beneficiarios do 1º Plan de patrocinio de equipos de alta competición femininos

16/11/20 | 14:17 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a nova estratexia do sector lácteo para impulsar a innovación e chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia

Anuncia tamén que esta semana se aprobarán os Orzamento da Xunta para 2021, que terán como obxectivo paliar os problemas da pandemia e incluirán a conxelación de todos os soldos do Goberno galego

16/11/20 | 13:41

Portos de Galicia inicia a instalación dos módulos de ampliación do dique de abrigo no porto do Xufre, na Illa de Arousa

A actuación supuxo un investimento de máis de 300.000 euros e quedará rematada nos vindeiros días

16/11/20 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas nas estradas da provincia de Ourense, nos traxectos Maceda – Almoite – Milagros – Maceda

O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste ao inicio dos traballos de sinalización na estrada OU -103 ao seu paso por Baños de Molgas

16/11/20 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta, Estado e Concello de Santiago presentan o Plan de sostibilidade turística para a cidade que conta cun orzamento de 3 M€

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst; e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, presentaron esta mañá o Plan en rolda de prensa conxunta

16/11/20 | 13:15 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega os premios das Catas de Galicia correspondentes á Denominación de Orixe Rías Baixas

Este ano participaron un total de 116 mostras pertencentes a 46 adegas inscritas a este selo de calidade

16/11/20 | 12:51

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación en réxime de alugueiro de tres vivendas de promoción pública en Ourense

Os inmobles están localizados na rúa Vilar números 3 e 5, en pleno casco histórico

16/11/20 | 12:50

Galicia conta coas primeiras Directrices da Paisaxe que se integrarán na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio para protexer os valores paisaxísticos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que a pretensión do seu departamento é aprobalas ao comezos no vindeiro ano, pero previamente debe ser informado polo Consello Asesor da Paisaxe e aprobado no Consello da Xunta

16/11/20 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta o proxecto para investir 1,6 M€ na ampliación do cauce do río Lagares no polígono do Caramuxo, en Vigo, coa fin de reducir o risco de inundacións e o impacto nas industrias

Vázquez Mourelle indica que a Xunta lle remitiu hoxe ao Concello os 5 proxectos técnicos das obras previstas no río Lagares, entre elas, a do ámbito do Caramuxo