Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/11/20 | 11:45

A Xunta achega as súas certificacións de profesionalidade e de recoñecemento da experiencia profesional a máis de 1.000 persoas

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de remitir cartas certificadas a 1.304 persoas ante a imposibilidade de entregar as acreditacións en persoa por mor das actuais restricións sanitarias

15/11/20 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acomete a vindeira semana traballos de roza e limpeza na estrada autonómica AC-432 ao seu paso polo municipio de Vimianzo

Retomaranse na provincia de Lugo as tarefas na vía de altas prestacións AG-64, en Vilalba e Xermade, continuando os xa iniciados na LU-862 no Vicedo e Viveiro, na LU-232 en Lugo e Friol, e na VAP CG-2.2, en Lugo e no Corgo

15/11/20 | 11:26

As obras de acondicionamento dos espazos públicos en Tourós-Barxés no concello de Muíños comezarán este outono

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de asinar o contrato coa empresa adxudicataria, por un importe de máis de 130.000 euros

15/11/20 | 11:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta constitúe a comisión interdepartamental da Ribeira Sacra, ferramenta clave na coordinación de actuacións e investimentos na súa candidatura a patrimonio mundial

Participan neste órgano sete consellerías da Xunta que, no seu conxunto, están investindo 34M€ neste territorio de Lugo e Ourense a través dun plan específico

15/11/20 | 10:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co Consello Galego de Enxeñerías o potencial da futura Lei de reactivación económica para atraer proxectos cara a Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da entidade, que agrupa a oito colexios de enxeñeiros presentes na Comunidade

14/11/20 | 18:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pecha coa Fegamp o acordo para axudar aos concellos na tramitación de sancións relacionadas coa covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe en Pazos de Borbén que a Fegamp aceptou o convenio proposto pola Xunta para colaborar cos concellos medianos e pequenos nestas tarefas

14/11/20 | 18:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta galardoa o talento musical da mocidade galega na fase final de Xuventude Crea

Seis candidaturas das 26 iniciais chegan a esta última fase da especialidade de música

14/11/20 | 15:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o feito histórico de 'reinaugurar' a Catedral, en todo o seu esplendor, 800 anos despois da súa construción

Destaca que o templo estará listo para abrir a Porta Santa e iniciar o Xacobeo 2021 tras unha das maiores actuacións realizadas nun Patrimonio Mundial

14/11/20 | 13:59 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.554 casos activos por coronavirus

Un total de 34.254 pacientes xa están curados

14/11/20 | 12:50 | C. de Sanidade

O Sergas abre o prazo de inscrición nas primeiras listas de selección temporal polo sistema de acceso reservado a persoas con discapacidade intelectual

Supón un avance importante na integración laboral dentro do Sistema Público de Saúde de Galicia das persoas con discapacidade intelectual, iniciado no ano 2016, a través da reserva de prazas nos procesos de selección fixa