Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/11/20 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza os traballos da primeira fase da conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria, entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro

A execución da primeira autovía autonómica da provincia de Lugo, libre de peaxe, suporá un investimento de 24,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de 24 meses

12/11/20 | 15:14 | C. de Política Social e Igualdade

Gabriel Alén traslada a Aspamadis a total colaboración da Xunta no traballo en prol da integración dos discapacitados intelectuais

O delegado da Xunta en Ourense agradeceu ao presidente da entidade, Manuel Martín, o seu labor pola inclusión e o desenvolvemento individual das persoas con necesidades especiais

12/11/20 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a senda peonil que da acceso ao polígono da Matela, en Outeiro de Rei, á que destinou 350.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que esta nova infraestrutura “incrementa a seguridade e promove unha mobilidade sustentable”

12/11/20 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu este ano case 70.000 euros en melloras ambientais e de infraestruturas no concello de Silleda

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións no parque infantil da praza Juan Salgueiro, que o Goberno galego financiou con 40.000 euros no marco da Orde de infraestruturas de uso público

12/11/20 | 15:05 | C. do Medio Rural

A Xunta propón un itinerario visual inédito por Compostela na nova exposición do Museo das Peregrinacións e de Santiago

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a mostra ‘Arquitecturas debuxadas’, do arquitecto, debuxante e pintor Santiago Catalán

12/11/20 | 15:01 | C. de Sanidade
12/11/20 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova cun investimento de case 500.000 euros a base de helicópteros de Lomba en Santa Comba

Esta actuación permite mellorar a operatividade e comodidade desta base ofrecendo a posibilidade de que varias aeronaves poidan estacionar simultaneamente

12/11/20 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro reafirma a "máxima colaboración" da Xunta co concello de Meaño nas súas solicitudes en infraestruturas, sanitarias e educativas

A delegada territorial mantén unha reunión co alcalde, Carlos Viéitez, na súa primeira visita institucional ao municipio do Salnés

12/11/20 | 14:46 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.554 casos activos por coronavirus

Un total de 32.983 pacientes xa están curados

12/11/20 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao Concello de Nigrán

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Juan Antonio González Pérez, os temas relacionados coa Administración galega