Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/11/20 | 12:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a importancia de impulsar o uso de madeiras locais na rehabilitación e na nova construción para consolidar a cadea de valor

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou na inauguración das ‘VI xornadas de rehabilitación. Máis madeira’ organizadas polo Clúster da Madeira e o Deseño

13/11/20 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria e ESO

Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude

13/11/20 | 12:05

Ángeles Vázquez invita aos veciños das ARI de Santiago a dispoñer dos máis de 330.000 euros en axudas para a rehabilitación dos inmobles e vivendas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá a Área de Pontepedriña, que xunto coa de Casco Histórico e de Vite, veñen de recibir fondos da convocatoria de 2020 deste programa de rehabilitación

13/11/20 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica o anuncio previo de licitación das obras do novo Centro Integral de Saúde de Lalín, que suporá un investimento de máis de 9 M€

O obxectivo deste anuncio previo na plataforma de contratos públicos de Galicia é acurtar os prazos administrativos do proceso de contratación das obras, que se prevén licitar na segunda quincena de decembro

13/11/20 | 10:33 | C. de Economía e Industria

Conde informa a AJE da nova liña de préstamos dirixida aos autónomos e empresarios con máis dificultades de liquidez

A medida, aprobada onte en Consello, conta cun orzamento de 10M€ e complementa o resto de programas de axudas ao financiamento do tecido empresarial postos en marcha desde o inicio da pandemia

12/11/20 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez chama a fixarse no legado de Carvalho Calero para que a lingua continúe sendo un elemento de unión cultural

Lembrou que segundo o último informe PISA Galicia é a comunidade autónoma onde o alumnado fala dúas linguas con máis facilidade

12/11/20 | 19:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visita a Asociación Veciñal Novo Vigo de Navia

Marta Fernández-Tapias puxo en valor a decidida aposta do Goberno galego por fomentar o movemento veciñal, cunha liña de apoios para obras e equipamento que este ano beneficiou con máis de 623.700 euros a 47 entidades da área viguesa

12/11/20 | 19:16 | C. de Sanidade

O xerente de ACIS remarca a importancia de investir no sistema sanitario co obxectivo de traballar na restauración económica

Fernández-Campa compareceu na Comisión do estudo sobre a reactivación económica do Parlamento de Galicia, onde subliñou que o Sergas é un dos servizos sanitarios españois que máis avanzou en transformación dixital

12/11/20 | 18:41 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega os premios das Catas de Galicia correspondentes á Denominación de Orixe Ribeiro

Este ano participaron un total de 70 mostras pertencentes a 30 adegas inscritas a este selo de calidade