Gonzalo Trenor recibe ao novo comisario xefe da unidade do Corpo Nacional de Policía de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena
2020-11-13
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Novembro/semana-02/Foto 2.jpg
A Coruña, 13 de novembro de 2020
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo hoxe unha reunión co comisario xefe da unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena, no que puxeron de manifesto a mutua vontade de colaboración. No encontro tamén estivo presente Antonio Nieto Lamas, xefe provincial da UPA da Coruña.
O delegado da Xunta na Coruña destacou a importancia de fomentar a colaboración entre os corpos e forzas de seguridade do Estado, e felicitou ao novo comisario polo seu novo cargo que asumiu o pasado mes de agosto
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes