Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/11/20 | 18:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A gala do libro galego 2020 celebra a súa quinta edición en formato virtual co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa na que se deron a coñecer todos os detalles da cerimonia que recoñece obra de quince autores e autoras editada o pasado ano

10/11/20 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra que a Deputación de Pontevedra acepte a proposta do Goberno galego para crear 3 novos GES na provincia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que esta decisión reafirma que a postura da Administración autonómica para a cobertura das emerxencias na provincia era a correcta

10/11/20 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a restauración do bosque de Ribeira do río Umia na Estrada nun treito de 18 quilómetros cun investimento de 220.000€

Luisa Piñeiro asiste, xunto ao alcalde José López, á presentación deste proxecto, que afronta os derradeiros trámites para comezar no inicio de 2021

10/11/20 | 16:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a aprobación este mes de novembro da nova licitación do Gran Montecelo que se elevará a 130 millóns de euros

Destaca que, deste xeito, a nova licitación incrementará en 15 millóns de euros o investimento do novo edificio, que se construirá nesta primeira fase

10/11/20 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Cenlle

O delegado territorial manifestoulle ao alcalde a aposta firme da Xunta polo mantemento das dúas consultas médicas no concello

10/11/20 | 15:04 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.952 casos activos por coronavirus

Un total de 31.573 pacientes xa están curados

10/11/20 | 14:28

A Xunta de Galicia, a punto de adxudicar dúas novas vivendas do barrio dos Muíños en Mondoñedo

Trátase de dúas vivendas de tres dormitorios, no edificio 26 da praza dos Muíños, no que o Instituto Galego de Vivenda e Solo investiu preto de 400.000 euros

10/11/20 | 14:15

Ángeles Vázquez salienta que a futura Lei de ordenación do territorio completará o camiño iniciado coa Lei do solo para simplificar e axilizar a normativa urbanística de Galicia

Durante o debate de totalidade do texto lexislativo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subliña que os tres grandes obxectivos da futura norma son achegarse ao obxectivo de ningún concello sen PXOM, facilitar o desenvolvemento ordenado do medio natural e garantir a protección da paisaxe

10/11/20 | 14:10 | C. de Sanidade

Sanidade subliña o compromiso da cidadanía coa doazón de sangue e lembra a necesidade de aumentar as reservas dos grupos A positivo e 0 positivo

Julio García Comeseña doou hoxe na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que visitou os edificios administrativos da Xunta de Galicia

10/11/20 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta na Coruña e os alcaldes de Noia, Porto do Son e Lousame reclaman o apoio da Deputación da Coruña para sacar adiante a proposta da Xunta de contar cun novo GES nesta área

Gonzalo Trenor mantivo un encontro cos alcaldes na base de Protección Civil de Noia, sede proposta para a creación deste novo ente