Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/11/20 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cede equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 87 concellos e 2 mancomunidades

O DOG publica hoxe a resolución das axudas para dotar aos municipios de menos de 50.000 habitantes de material de emerxencias

11/11/20 | 12:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia melloras no proceso de detección de casos covid cun sistema de autodeclaración e 300.000 novos tests de antíxenos dispoñibles

Adianta a aprobación no Consello do xoves dun mecanismo de financiamento por 10 millóns de euros para os sectores máis castigados

11/11/20 | 11:25 | C. do Medio Rural

A Xunta desprázase dende mañá ás denominacións de orixe vitivinícolas para entregar os Premios das Catas de Galicia

Mentres, o día 19 na Cidade da Cultura entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco, cumprindo estritamente as medidas sanitarias pola covid-19

11/11/20 | 11:17

A Xunta destina 760.000 euros para apoiar ás empresas de inserción laboral na contratación de persoas en risco de exclusión social

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación da orde de axudas para empresas de inserción social para chegar á contratación de máis de 100 persoas

11/11/20 | 11:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta premia as mellores iniciativas para promover o consumo responsable nos centros educativos

No certame escolar Consumópolis, que nesta edición se centrou en como os actos de consumo poden cambiar o mundo, resultaron gañadores centros de Pontevedra, Vigo, Zas, Cospeito, Ferrol e Santiago

10/11/20 | 20:36 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións provisionais da fase de concurso dos procesos de selección fixa para o ingreso en once categorías de persoal sanitario e de xestión e servizos

O número total de prazas convocadas nestes procesos é de 1.492, das cales 772 corresponden á categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería

10/11/20 | 18:58 | C. de Sanidade

Sanidade mantén abertas diversas investigacións relacionadas coa venda ilegal de probas diagnósticas da covid-19 na nosa Comunidade

O departamento de Inspección Sanitaria inmobilizou material cuxa venda está prohibida en locais que non contan coa autorización sanitaria pertinente e que só pode ser manipulado por profesionais sanitarios

10/11/20 | 18:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa unha web sobre a importancia patrimonial e etnográfica das campás na contorna dos Camiños Francés e Primitivo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o Goberno galego resolverá proximamente a segunda edición do programa O teu Xacobeo, con novas propostas culturais, artísticas, deportivas ou sociais

10/11/20 | 18:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lémbralle ao Goberno de España que a Consellería de Infraestruturas xa realizou un completo estudo técnico e económico da Saída Sur de Vigo

O Goberno galego remitiulle o pasado mes de xullo ao Ministerio de Transportes a análise custo-beneficio da Saída Sur de Vigo e da conexión ferroviaria da terminal de Bouzas realizada polos principais expertos autonómicos na materia

10/11/20 | 18:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a vindeira semana a Xunta porá en servizo a modernización da potabilizadora de Pontedeume que garantirá a calidade da auga nas próximas décadas

Vázquez Mourelle explica que este mesmo xoves estarán rematadas as obras de instalación dunha cámara de mestura para optimizar os equipos da planta municipal e, seguidamente, procederase á instalación do novo equipamento