Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/11/20 | 17:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continuará a encargarse da xestión da depuradora do concello de Gondomar, que deberá actuar para eliminar as deficiencias das redes de saneamento

A Administración autonómica agarda o visto e prace municipal á proposta de convenio remitida por Augas de Galicia para seguir prestándolle apoio ao Concello nas súas competencias mediante a explotación da depuradora

11/11/20 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sorteadas esta mañá nove vivendas de promoción pública rehabilitadas no barrio da Tinería

As vivendas do casco histórico de Lugo atópanse en catro edificios reformados integramente nas rúas Tinería e Recanto do Miño

11/11/20 | 16:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro realiza a súa primeira visita institucional a Mondariz-Balneario na compaña do alcalde, José Antonio Lorenzo

A delegada recolle as solicitudes da veciñanza, centradas principalmente na potenciación do turismo termal, no que o municipio é unha referencia nacional

11/11/20 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro reafirma a "colaboración absoluta e compromiso máximo" da Xunta co concello de Tomiño tras investir 13 M€ en catro anos

A delegada realiza unha visita institucional e reúnese coa alcaldesa, Sandra González, para recoller as peticións e necesidades da veciñanza

11/11/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias supervisa o remate dos traballos do tramo de concentración de accidentes na PO-552 ao seu paso por Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a inversión de 18 millóns de euros en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca

11/11/20 | 15:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia amplía a atención dos puntos de encontro familiar de catro a sete días á semana

Con esta decisión auméntase o número de visitas no centro e, ademais, garántase a seguridade de profesionais e persoas usuarias, ao evitar aglomeracións

11/11/20 | 15:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
11/11/20 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acomete obras de restauración da igrexa de San Martiño de Lousada, en Samos, nas que inviste 200.000 euros

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos, que avanzan a bo ritmo e teñen unha duración prevista de seis meses

11/11/20 | 14:42 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado de Indra e Xunta

A aeronave está pensada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo