Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/10/22 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia destaca en Sevilla a aposta que se está realizando por impulsar unha minaría sostible

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na XVIII Reunión Anual do Consello Superior de Colexios de Enxeñeiros de Minas de España con directores xerais de Industria, Enerxía e Minas

17/10/22 | 12:46

O porto do Xufre acolle un proxecto piloto de I+D+i para protexer do vento a frota abrigada por diques aboiantes

Portos de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña colaboran na presentación desta solución técnica novidosa baseada na colocación de pantallas na punta dos pantaláns co obxecto de poder aplicala noutras instalacións

17/10/22 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementará o vindeiro ano nun 40% as estadías no estranxeiro para que o alumnado galego mellore as súas competencias en idiomas

Román Rodríguez avanza que a partida para este programa de impulso das linguas estranxeiras se incrementa ata os 2 M€ nos Orzamentos 2023
 

17/10/22 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia en Ferrolterra os cursos para mellorar as capacidades dixitais e incrementar as oportunidades laborais das mulleres no rural

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu esta mañá a benvida ás 20 participantes no curso de Fene, un dos primeiros que se desenvolven na comarca
 

17/10/22 | 11:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinará máis de 20 M€ o próximo ano a colaborar co tecido empresarial galego para manter o mellor ciclo exportador da súa historia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Muxía na inauguración da XII Semana Internacional Contract Galicia, que reúne a empresas do ramo e prescritores para compartir as tendencias e oportunidades de negocio en torno a esta canle de distribución de produtos e servizos
 

17/10/22 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias salienta a “excelente iniciativa social” do festival de cine inclusivo de Vigo que rende homenaxe póstumo ao director Roberto Pérez Toledo

A delegada da Xunta en Vigo participou este luns na presentacion do certame cinematográfico que arranca cunha retrospectiva do cineasta canario
 

17/10/22 | 11:32 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 74 persoas por 59 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 14 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 16 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 69 chamadas por accidentes de tráfico

17/10/22 | 11:20 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia ocupa a sexta posición estatal no uso de software libre entre as pemes e as grandes empresas

Tamén crece o uso do software libre nas microempresas ata o 66,4%, o que supón un aumento do 10,7% respecto ao ano 2018
 

17/10/22 | 10:42

A Xunta apoia o labor de sete entidades a favor da igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou convenios con sete asociacións que representan ao colectivo LGTBI na comunidade para impulsar medidas a prol da diversidade e contra a LGTBIfobia
 

17/10/22 | 10:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.945 casos activos por coronavirus

Un total de 674.711 pacientes xa están curados