Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda resalta o papel das entidades galegas á hora de difundir a cultura e as tradicións da terra entre as novas xeracións do Uruguai
Destaca que o seu labor contribúe a manter vivos os fortes lazos que unen o país charrúa con Galicia e lembra que os residentes no exterior contan co apoio da Xunta para estudar ou emprender de volta na Comunidade
Os Orzamentos de 2023 da Xunta contarán con máis de 9.000 M€ para gasto social, o máis alto da historia de Galicia
A Xunta reforzará unha vez máis o gasto social tradicional e as políticas de fomento do emprego, tal e como leva facendo exercicio tras exercicio nos últimos anos
A Xunta iniciará o luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas ao paso Meira, Ribeira de Piquín, Ourense ou Salvaterra de Miño
Realizaranse estas intervencións na estrada LU-751, nos municipios de Meira e Ribeira de Piquín; na OU-510, en Ourense; e na autovía AG-51, en Salvaterra de Miño
A Xunta inicia en novembro o IV Plan de Formación dirixido ao persoal dos 84 centros de Información á Muller de Galicia
O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inclúe 31 horas de formación en cuatro xornadas, tres en liña e unha presencial
O ciclo de conferencias da Xunta sobre María Casares contará este mércores con María Lopo e Borja Ortiz, especialistas na vida e obra da artista
Doutora en Literatura francesa, ensaísta e tradutora, ela ten que entre os seus traballos a edición da correspondencia entre María Casares e o seu pai
Política Social participa no peche da campaña de ámbito nacional ‘Camiñemos pola esclerose múltiple’
Arredor de 50 entidades de toda España adheríronse a esta iniciativa, que tivo como obxectivo sensibilizar á opinión pública sobre as necesidades específicas que teñen as persoas que padecen esta doenza
A Xunta acredita 62 profesionais de distintos sectores como guías especializados no Parque nacional das Illas Atlánticas
Durante xullo e agosto fixeron de forma telemática a parte teórica do curso e neste mes de outubro realizaron prácticas no centro de visitantes e nas propias illas