Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/10/20 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta cos creadores e artistas na entrega do XI Premio de Gravado Atlante

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o alcalde de Ribeira presidiron a entrega destes galardóns concedidos pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital a Germán Aparicio, Carmen Isasi e Marco Poma

10/10/20 | 13:32 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.358 casos activos por coronavirus

Un total de 21.425 pacientes xa están curados

10/10/20 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel da tecnoloxía nas relacións interpersoais e profesionais durante os meses de confinamento

Máis de 600 persoas están inscritas nesta vixésima edición, que será por vez primeira online e que estará formada por máis de 50 actividades lúdicas e formativas

10/10/20 | 11:22 | C. do Medio Rural

A Xunta doará 150 cordeiros a distintas entidades sociais ao abeiro da rede mercaproximidade

As cesións, que se levarán a cabo a semana vindeira, beneficiarán a Cáritas e aos Bancos de Alimentos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra

10/10/20 | 11:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia concede axudas por un importe total de preto de 74.000 euros a un total de 32 ANPAs de educación especial

O obxectivo é contribuír a sufragar a realización de actividades, así como gastos de adquisición de material ou mantemento de instalacións, entre outros

10/10/20 | 11:03 | C. de Sanidade

O luns arranca en 181 puntos da provincia ourensá a campaña de vacinación fronte a gripe, considerada fundamental no contexto da pandemia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fai un chamamento á poboación de risco para que se vacine e evitar así a posible coincidencia de ambas infeccións e a redución da carga desta enfermidade

10/10/20 | 11:00

A Xunta recibiu 14 ofertas de inmobles a rehabilitar no marco da convocatoria do programa Rexurbe no Concello do Mondoñedo

O Instituto Galego da Vivenda e Solo está a analizar todas as propostas antes de tomar unha decisión definitiva sobre que inmobles vai adquirir neste municipio

09/10/20 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escavación arqueolóxica impulsada pola Xunta de Galicia en Proendos saca á luz restos romanos do século I ao V

Román Rodríguez celebra estes novos achados na Ribeira Sacra que afondan no seu valor excepcional na recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade