Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais fórmase este trimestre en seguridade, grandes lumes e xestión das comunicacións nos centros de coordinación
Estes nove cursos, que se enmarcan no plan de formación impulsado pola Consellería do Medio Rural, están á disposición do persoal ata final de ano
A Xunta formará as redeiras artesás galegas na creación de pezas para a moda
O curso 'Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda e complementos' desenvolverase a partir do 24 de outubro en Buño (Malpica de Bergantiños), impartido pola deseñadora Rosalía Castro
A Xunta colabora co concello de Pontedeume e coa concesionaria do servizo municipal de augas para tratar de restablecer os parámetros que permitan o seu consumo pola poboación
Esta mañá colocáronse no río Eume as barreiras de contención que Augas de Galicia estaba a empregar nas obras do colector que está a executar no municipio, para tratar de minimizar a turbidez das augas
A economía azul e o Pacto Verde Europeo centrarán a edición virtual do Business2Sea 2020 organizado por Galicia e Portugal
Este evento internacional organizado polo Cetmar e Forum Océano desenvolverase entre o 16 e o 20 de novembro de xeito telemático ante a alerta sanitaria pola covid-19 e incluirá accións como conferencias, talleres, curtas do mar e encontros de negocios
A Xunta inicia a elaboración dos orzamentos 2021 que priorizarán a recuperación económica, o emprego e o reforzo dos servizos públicos
A Consellería de Facenda e Administración Pública publicará nos próximos días a orde pola que se ditan as instrucións para a elaboración dos novos orzamentos
A Xunta mellora as instalacións e locais culturais de preto de 40 concellos cun investimento de medio millón de euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da convocatoria desta liña de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
A Xunta abre a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de innovación e deseño
Os galardóns, convocados pola Vicepresidencia económica, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas
O Parque Nacional das Illas Atlánticas colabora por sexto ano consecutivo nun proxecto de seguimento de aves migratorias
Durante o mes de setembro unha quincena de voluntarios realizaron tarefas de anelamento científico e de censo visual e auditivo nos seus percorridos polas illas de Cíes e de Ons, capturando en total 447 exemplares de 40 especies diferentes
Galicia rexistra un total de 4.379 casos activos por coronavirus
Un total de 21.713 pacientes xa están curados