Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinou este ano máis de 623.700 euros a 47 asociacións de veciños e comunidades de usuarios de augas da área de Vigo
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, as melloras no local e nos equipamentos do centro veciñal e cultural de Valladares
A Xunta aclara que o concello baionés non foi quen de poñer a disposición os terreos requiridos para actuar na fase 2 de Sabarís
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinala que é precisamente a administración local a que non está a cumprir coas obrigas que recolle o convenio
A Xunta publica no DOG o intercambio coa Deputación de Ourense da titularidade da estrada provincial de acceso ao núcleo da Veiga e as estradas autonómicas OU-211 e OU-400
A vía provincial OU-0804 transcorre pola comarca de Valdeorras e suma uns 11,3 km de lonxitude unindo o concello da Veiga con Viana do Bolo, O Bolo e A Rúa
A Xunta organiza mañá en Bergondo un curso sobre o emprego de drons en labores agrícolas e forestais
Terá unha duración total de 8 horas e celebrarase en horario de mañá e tarde no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo
Xunta e Asime abordan novas liñas de colaboración para seguir impulsando a formación e o emprego na industria do metal
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza coa directiva de Asime, seguindo a rolda de contactos que está a manter cos principais axentes sociais e económicos de Galicia
Fabiola García destaca a necesidade de que o Goberno central aprobe canto antes o permiso retribuído para as familias con fillos en corentena
Entre as medidas postas en marcha pola Xunta durante a pandemia salienta o Servizo de Axuda no Fogar Extraordinario e os Bonos Coidado Extraordinarios
As medidas que a Xunta aplica co aval do Comité clínico funcionan e dan resultado fronte aos gromos da covid-19
García Comesaña apuntou que a media semanal de novos casos diarios atópase estabilizada e con certa tendencia á baixa
A Xunta atendeu preto de 700 consultas e elaborou 40 guías e protocolos sectoriais para garantir a seguridade dos traballadores na pandemia
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe no Parlamento as actuacións levadas a cabo polo Issga para posibilitar a reactivación económica coas máximas garantías de seguridade en todos os ámbitos laborais
Ethel Vázquez insta ao Concello de Vigo a avirse a sumarse ao Plan de Transporte Metropolitano para permitirlle aos veciños aforros anuais de ata 1.000 euros nos seus desprazamentos
Concreta que a negativa do Concello a adherirse ao Plan impide que os veciños teñan as mesmas vantaxes e descontos que os da Coruña, Lugo ou Santiago
Ethel Vázquez salienta o traballo da Xunta para garantir un transporte público seguro e viable fronte á pandemia e ao abandono do Goberno central
Pon en valor os 6 millóns de euros inxectados pola Xunta para garantir a liquidez das empresas e os postos de traballo, evitando poñer en perigo o acceso de miles de galegos a servizos básicos como a sanidade ou a educación