Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 4.083 casos activos por coronavirus
Un total de 20.860 pacientes xa están curados
Portos de Galicia continuará a tramitación da dragaxe do Lérez coa maior celeridade e con todas as garantías ambientais
A presidenta do ente público respondeu a unha pregunta sobre a tramitación desta actuación na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia
A Xunta oferta formación online aos propietarios e traballadores de vivendas de uso turístico para mellorar a súa adaptación fronte á covid-19
Hoxe comeza o primeiro dos 18 webinars previstos para que os responsables destes aloxamentos poidan mellorar a súa resposta ante os retos futuros
O mes de setembro en Galicia foi cálido e con precipitacións que se moveron dentro da normalidade
O avance do informe climatolóxico mensual elaborado por MeteoGalicia apunta a que a comunidade autónoma viviu un período con dúas quincenas moi diferenciadas, a primeira marcada por un tempo seco e soleado e a segunda pola entrada de varias borrascas, unha delas moi activa e fría
A Xunta aposta por estreitar lazos con Portugal na II edición do proxecto 'Nortear Ilustrado' na Illa de San Simón
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deulle a benvida aos participantes desta residencia artística
A Xunta colabora co Concello de Sanxenxo para garantir a distancia social debido á covid-19 no paseo da praia de Silgar
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitaron hoxe os traballos que o Goberno galego apoiou con 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para ampliar o espazo de circulación destinado aos peóns
Portos abre un novo procedemento de outorgamento de prazas de amarre náuticas por vía telemática
Os usuarios que actualmente se atopan en lista de espera terán un prazo exclusivo para presentar de novo a solicitude e obter un posto preferente
A Cidade da Cultura festexará os seus 'Magostos no Gaiás' coa música das formacións galegas Luar na Lubre, Sumrrá e Milladoiro
Os tres celebraranse os sábados 24 e 31 de outubro e 14 de novembro ás 20,00 horas no Museo Centro Gaiás
Política Social apoia a limpeza da ruta inglesa a Santiago de Compostela ao seu paso por Ferrol a través do programa Iniciativa Xove
O programa de actividades inclúe unha campaña de promoción en redes sociais e a realización dun mural cunha mensaxe a prol da natureza no castro de Lobadiz