Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/10/20 | 17:47 | C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta insiste na necesidade de tests serolóxicos para os deportistas e os equipos que compitan con contacto como medida provisional para protexer a toda a poboación

O conselleiro de Sanidade remite unha carta ao ministro do ramo ofrecendo a colaboración da Xunta a contribuír á “mellora da sanidade, nomeadamente no que respecta ás probas covid-19 a realizar no ámbito das competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal”

02/10/20 | 17:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación comeza os trámites previos para a renovación dos contratos do servizo de transporte escolar nos próximos cursos

A Consellería remite o anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), primeiro paso dun procedemento administrativo que deberá completarse coa redacción dos pregos e o inicio do proceso de contratación

02/10/20 | 17:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Gabriel Alén lamenta o desmantelamento dos servizos ferroviarios na provincia de Ourense e comparte co alcalde da Rúa a necesidade da súa reposición por parte do Goberno central

O delegado territorial da Xunta en Ourense considera que o déficit en infraestruturas e servizos de tren resta competitividade ao territorio e impide aos cidadás o exercicio efectivo do seu dereito á mobilidade

02/10/20 | 15:50 | C. de Política Social e Igualdade
02/10/20 | 15:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O comité educativo aproba unhas recomendacións organizativas para os centros no referido aos recreos

Así mesmo, estase a traballar en varios protocolos específicos, entre eles un centrado nas actividades extraescolares e outros en relación ás ensinanzas de réxime especial e ás prácticas de FP

02/10/20 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo acordan abrir novas liñas de colaboración para a Reconquista

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuníronse esta mañá coa directiva da asociación para abordar posibles apoios da Administración autonómica á Festa de Interese Turístico Nacional

02/10/20 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias inaugura na sala de exposicións da Delegación da Xunta en Vigo a exposición itinerante de Adicam

A mostra, que se desenvolverá ata o vindeiro 31 de outubro, está composta por 22 acuarelas ao óleo e debuxos a carboncillo que exaltan a figura da muller

02/10/20 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Mos

A nova representante autonómica analizou coa alcaldesa desta localidade, Nidia Arévalo, os temas relacionados coa Administración galega

02/10/20 | 14:51 | C. de Sanidade