Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/10/22 | 21:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca no Barco o papel das asociacións de comerciantes no impulso aos negocios locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes do Barco

14/10/22 | 20:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da noite da enerxía na visibilización da transición enerxética en Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta tarde no acto celebrado en Ourense

14/10/22 | 18:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Goberno central aumentar a colaboración no funcionamento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o centro xunto ao secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco, a quen tamén lle agradeceu o destino de fondos europeos a obras nestas instalacións

14/10/22 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza o tenis galego con embaixadores como Lourdes Domínguez, Martín de la Puente ou o ITF Júnior de Sanxenxo no que xogaron Alcaraz e Rudd

O torneo leva anos sendo un Proxecto de Especial Relevancia no convenio de colaboración que asina a Secretaría Xeral para o Deporte coa Federación Galega de Tenis e que neste 2022 ascende un 3% ata preto dos 110.000 euros

14/10/22 | 16:54 | C. de Facenda e Administración Pública

A segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade terá lugar os días 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura

As xornadas, organizadas polo Nodo CIBER.gal, reúnen a profesionais e entidades de referencia que ofrecerán relatorios destinados ao tecido empresarial, á cidada-nía e ás Administracións Públicas

14/10/22 | 16:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa a conciliación nos concellos do rural a través de 95 casas niño

Estes centros permiten poñer á disposición das familias dos municipios de menor tamaño 475 prazas gratis para as nenas e nenos

14/10/22 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Fegamp crearán unha comisión de traballo para estudar novas vías de acceso á profesión de socorrista

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, participaron nunha reunión xunto con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias e do Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar
 

14/10/22 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Anual da Cooperación Galega incrementará o seu orzamento en 2023 ata case 9 M€

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do corpo consular de Galicia para coñecer as súas demandas e trasladarlle o compromiso do Goberno galego en materia de acción exterior

14/10/22 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria para a xestión do monte e a anticipación aos incendios forestais

Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como as agrupación forestais de xestión conxunta