Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/10/22 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O proxecto da rolda leste de Lugo sairá a información pública a efectos expropiatorios antes de que finalice o ano

Trátase de completar os 2,8 km de rolda, entre a LU-530 e a N-VI, e pechar o cinto de circunvalación de Lugo, que restará tráfico ás rúas da cidade, mellorará a mobilidade e favorecerá, especialmente, a accesibilidade cara ao hospital Lucus Augusti
 

14/10/22 | 14:40

A Xunta sitúa á muller rural como un dos eixos das políticas de igualdade e pon en valor a súa contribución á innovación e fixación de poboación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no acto conmemorativo de Mulleres de Seu polo Día Internacional da Muller Rural
 

14/10/22 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias celebra a instalación nos locais do Casco Vello da Asociación cultural Évame-Oroza que conmemorará o centenario do nacemento do escritor

A delegada da Xunta en Vigo visitou o baixo onde terá a súa sede o colectivo formado por representantes da sociedade viguesa como os pintores Menchu Lamas e Antón Patiño, o xornalista Alberto Avendaño e o letrado Antón Beiras Cal

14/10/22 | 14:31 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia adestra a máis de 100 futuros policías locais en técnicas de reanimación cardiopulmonar básica

O obxectivo é garantir a súa formación pola súa condición de primeiros intervenientes en situacións de emerxencia sanitaria nas que unha persoa sufra unha parada cardíaca

14/10/22 | 14:19 | C. de Facenda e Administración Pública

Os Orzamentos de 2023 incluirán máis de 2.700 M€ para investimentos

Os investimentos medran un 8,5 % con respecto ao exercicio vixente

14/10/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará en 2023 máis de 10 M€ á mellora do saneamento da ría de Pontevedra tras culminar este ano as obras do emisario submarino dos Praceres

Vázquez Mourelle destaca que o emisario submarino dos Praceres é o máis longo de toda Galicia, acada xa o 90% de execución e estará rematado este ano para conectarse á depuradora nos primeiros meses de 2023
 

14/10/22 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/10/22 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias salienta a iniciativa cultural “Igualarte” na defensa da igualdade de xénero e na prevención da violencia e o acoso

A delegada da Xunta en Vigo participou este venres na inauguración da exposición colectiva “Igualarte”

14/10/22 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora dos locais sociais das asociacións veciñais de Cinxe e Couxela, en Ribadeo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe os edificios aos que se destinaron preto de 30.000 euros para a mellora da accesibilidade e do equipamento, entre outras accións

14/10/22 | 13:52 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro reinvindica a importancia do recoñecemento ás contribucións das mulleres rurais galegas á nosa sociedade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no “II Foro da Muller Rural Galega” que tivo lugar no Pazo do Mosteiro de Tomiño