Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/09/20 | 18:45 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas

04/09/20 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama unha regulación estatal fronte a prostitución e a trata de seres humanos con fins de explotación sexual

A secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou esta mañá na reunión das comunidades autónomas coa delegada do Goberno para a Violencia de Xénero, Victoria Rossell

04/09/20 | 16:35 | A Presidencia da Xunta

Feijóo establece a volta segura aos centros educativos como unha prioridade e pide un novo fondo covid para o vindeiro ano 2021

Reitera que Galicia non está conforme cos parámetros de reparto deste fondo, no que non se teñen en conta factores determinantes na prestación do servizo como os custes do transporte escolar ou os comedores

04/09/20 | 15:25

A Xunta fixa as probas de acreditación do Celga para os días 26 e 27 de setembro e 3, 4 e 10 de outubro

Os exames oficiais, adiados por mor da crise da covid-19, realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada baixo un estrito protocolo de seguridade sanitaria

04/09/20 | 15:23

A Xunta adxudica as obras de conservación preventiva da Muralla de Lugo por preto de 92.000€

A actuación consistirá na corta da flora vascular no conxunto do ben e terá un período de execución máximo de catro meses e medio

04/09/20 | 15:15 | C. de Política Social e Igualdade

Os campamentos de verán da Xunta en Porto do Son e Boiro rematan hoxe tras catro quendas de actividades

A aventura na natureza, os deportes náuticos e o teatro centraron a programación destas dúas iniciativas

04/09/20 | 15:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a Alcoa e a Liberty House que subsanen as cuestións que dificultan o peche da operación de compra-venda

Reitera a importancia de que tanto Alcoa como a empresa Liberty House persistan na senda do acordo

04/09/20 | 13:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo uso da madeira na reforma e acondicionamento de comercios e negocios

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou esta mañá en Allariz o proxecto ‘O tempo do corpo’, un espazo para o envellecemento activo e saudable situado nunha casa de labranza tradicional que usa madeira local de castiñeiro e piñeiro para a renovación de portas e fiestras

04/09/20 | 13:51

O programa de intercambio 'Camiño Escena Norte' chega a Galicia co financiamento da Xunta para oito funcións de teatro e danza

O director da Agadic participou na presentación da segunda edición desta iniciativa cultural compartida con Asturias, Cantabria e País Vasco, que se desenvolverá do 13 de setembro ao 11 de outubro en sete localidades galegas do Camiño do Norte

04/09/20 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A ANPA do CEIP Javier Sensat garante a Educación a prestación do servizo complementario de comedor para os 85 alumnos

O xefe territorial, César Pérez Ares, achegouse ao centro escolar, que contará con desdobres en 5º e 6º de Primaria, para comprobar a adaptación fronte á COVID -19