Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/05/20 | 11:45

A Xunta mellorará a coordinación e a seguridade dos vixilantes das confrarías de pescadores con equipos de xeolocalización

A medida, que xa lle foi trasladada aos presidentes das federacións provinciais e galega de confrarías, inclúese na orde de axudas para proxectos colectivos do sector pesqueiro de protección e recuperación da biodiversidade mariña

16/05/20 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Miñor e Zamáns e nos regatos de Zapa e da Rasa, no concello de Gondomar

Os traballos desenvólvense en distintos tramos destes ríos e regatos ao longo de preto de 6,3 quilómetros, nos lugares de Gondomar, Mañufe, Vilaza e Chaín

16/05/20 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta triplicará a rede de control do caudal dos ríos con especial risco de inundación con 50 novas estacións de seguimento en tempo real

Augas de Galicia dispón actualmente dunha rede de 43 estacións de aforo na demarcación Galicia-Costa que actualizan información cada dez minutos

16/05/20 | 11:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta autoriza desde hoxe as visitas dun familiar de nenas e nenos en centros de menores

Estarán supervisadas por un adulto e terán unha frecuencia que oscilará entre unha visita semanal ou quincenal

15/05/20 | 19:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presenta ás 58 federacións a ferramenta de identificación de situacións de contaxio como a “pedra angular” do Plan de Reactivación do Deporte Galego

Os obxectivos da nova ferramenta serán a identificación de situacións de contaxio, a análise das posibilidades de tratamento das diferentes situacións, a proposta de medidas que formen parte dun protocolo, a comunicación para que as autoridades poidan adoptar medidas para reducir as situacións de contaxio e o traballo de todo o sector para responder máis rapidamente antes novos brotes

15/05/20 | 18:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 50 aparellos de radio a residencias de maiores titularidade autonómica da provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os transistores foron cedidos por Electrodomésticos Domínguez e repartíronse nos centros das Gándaras e A Milagrosa (Lugo) e nos de Monforte de Lemos e Burela

15/05/20 | 17:48 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina unha achega de máis de 9 M€ para a adquisición de novo material e subministración de servizos para protexer a doentes e profesionais sanitarios do COVID-19

O presidente da Xunta avanzou tamén un investimento de máis de 4 millóns de euros para a adquisición de 740.000 doses da vacina antigripal, o que supón 125.000 doses máis que as adquiridas o pasado ano

15/05/20 | 17:47 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o protocolo de reactivación dos centros de maiores e de discapacidade para unha reapertura gradual e flexible

Afirma que a reactivación constará de tres etapas de 15 días de duración cada unha– agás nos centros con menos de 60 prazas nos que cada etapa durará 10 días–