Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/05/20 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

Ovidio Rodeiro agradece o esforzo que está a facer o persoal de Axuda no Fogar nesta crise sanitaria e destaca que na comarca da Coruña a Xunta destina 9,8M€ anuais a este servizo

O delegado sinalou que na área coruñesa os concellos teñen asignadas 957.934 horas anuais, e contan, a maiores, cun incremento de 54.557 horas realizado durante a crise do coronavirus, para chegar a máis usuarios

14/05/20 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta informa ás entidades sociais luguesas da nova convocatoria de axudas para programas de inclusión social, aberta ata o 11 de xuño

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e o delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, reuníronse con representantes de varios colectivos para explicarlles os detalles da orde de achegas, a maior da historia

14/05/20 | 13:41

Medio Ambiente analizará a delimitación da área Rexurbe proposta polo concello de Ribadavia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada ao rexedor municipal que o Instituto Galego de Vivenda e Solo analizará este proxecto municipal, que recolle a primeira Lei de rehabilitación de Galicia

14/05/20 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo de matrícula para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas concertadas

Avánzase así na preparación do novo curso á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros

14/05/20 | 13:18

A Xunta e a AGAL lanzan os proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Ricardo Carvalho Calero

O Portal da Lingua Galega, o portal #aculturasegue o novo web Carvalho Calero 2020 ofrecen en aberto a exposición ‘A voz presente’, unidades didácticas dirixidas ao ensino primario e secundario, guías de lectura de ‘Scórpio’; audiovisuais e a imaxe icónica orixinal conmemorativa deste 2020 no que a RAG homenaxea ao polígrafo ferrolán

14/05/20 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade urxe a Adif a desbloquear o inicio das obras dos accesos á estación intermodal de Vigo

Os accesos, que o Concello de Vigo prevía iniciar en marzo, non poden empezar a executarse porque o Goberno de España non aprobou aínda o acordo para o seu cofinanciamento

14/05/20 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata que o actual ritmo nas obras de mellora do saneamento de Pontedeume, cun investimento de 4,2 millóns de euros, permitirá rematalas nos primeiros meses do ano 2021

Os traballos, cun grado de execución que rolda o 20%, estanse a centrar no novo colector interceptor, duns 1.000 metros de lonxitude, estando xa colocado o 40%

14/05/20 | 13:00

A Xunta e os colexios de veterinarios elaboran un protocolo de limpeza e hixiene dos animais de compañía ante o COVID-19

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo esta mañá unha videoconferencia co presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, Luís Núñez, para analizar o contido do documento, que vai dirixido tanto a profesionais como a donos de mascotas

14/05/20 | 12:46

A Xunta convida á reflexión sobre os desafíos da cultura na era post COVID-19 a través dunha serie de foros online con expertos

A primeira sesión terá lugar este venres 15 de maio e contará coa presenza da responsable de programas virtuais do Museo Reina Sofía, Olga Sevillano Pintado, e o comisario e xornalista experto en comunicación dixital, Manuel Gago Mariño

14/05/20 | 12:31 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o papel determinante da innovación para facer fronte aos novos retos na saúde, a prevención e a seguridade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro cos responsables dos oito proxectos innovadores que a Xunta apoia para avanzar na loita contra o COVID-19