Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/05/20 | 17:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e FEGAMP coordinan un programa que mellore a saúde da poboación a través da actividade física e avanzan na creación do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia

Os datos do RIDEGA servirán para a confección do Plan de Instalacións Deportivas de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta o pasado 16 de xaneiro

12/05/20 | 16:53 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Complexo Deportivo de Monterrei reabre as súas portas concertando 13 citas no primeiro día -3 para a pista de atletismo, 6 para as pistas de tenis e 4 para as pistas de pádel-

O horario de apertura será de luns a domingo de 9,00 a 22,00 horas e os espazos dispoñibles serán as 4 pistas de tenis, 2 pistas de pádel, pista de atletismo, 2 pistas polideportivas, aseos do edificio principal, aseos da pista de atletismo así como o resto de espazos o aire libre

12/05/20 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xustifica ante o Goberno de España a solicitude de compensación de 8 millóns de euros para o transporte público polo impacto no sector das restriccións da mobilidade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade trasladou información relativa aos contratos e aos quilómetros que cada ano percorren as concesións de transporte público de titularidade da Xunta

12/05/20 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que o Ministerio de Transportes retrase agora ata 2021 a licitación das obras da estación intermodal da Coruña anunciada hai case un ano

Os representantes de Adif trasladaron hoxe a necesidade de actualizar o proxecto construtivo da terminal ferroviaria, que non poderá estar rematado ata comezos do vindeiro ano

12/05/20 | 15:02 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta inicia a creación do Nodo de Ciberseguridade de Galicia, que ofrecerá servizos a empresas, administracións e cidadáns

A Administración autonómica invita ás entidades locais á sumarse á iniciativa para a que xa estableceu alianzas estatais co Incibe e o CCN

12/05/20 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta enviou 60 teléfonos móbiles e tablets a centros residenciais lugueses para facilitar a comunicación dos usuarios coas familias

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa

12/05/20 | 13:52

Axentes medioambientais realizaron desde abril máis de mil actuacións no marco do servizo de voluntariado no rural

O programa púxose en marcha no marco das medidas impulsadas polo COVID-19 para facer un seguimento e garantir o acceso a servizos básicos da poboación maior ou con algunha discapacidade

12/05/20 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta comparte co sector a nova folla de ruta para reactivar o turismo en Ourense e fomentar o emprego

Máis dun cento de profesionais do turismo da provincia participaron hoxe no seminario web no que o Goberno autonómico presentou o Plan de Reactivación cara a nova normalidade aprobado en Consello de Goberno

12/05/20 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou 300.000 euros a promover o emprego de 37 traballadores con discapacidade ou en risco de exclusión social en Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que unha trintena de empresas da provincia recibiron as achegas por ofrecerlles contrato, formación ou apoio no posto de traballo

12/05/20 | 13:19 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa un proxecto piloto de automatización de procesos aplicado á xestión tributaria

Consiste no emprego de ferramentas software para realizar de xeito automático aquelas tarefas que son máis repetitivas