Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

28/01/20 | 12:07

Ángeles Vázquez salienta que a nova Lei de ordenación do territorio é a garantía de igualdade e coherencia no uso e protección do solo para todos os galegos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sinala que hai dous principios inspiradores: a necesidade de dispor dun texto normativo máis sinxelo e actualizado; e máis simple e eficiente, tanto no número de figuras que dispón como nos seus procedementos administrativos

20/01/20 | 14:29 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aposta pola rehabilitación e recuperación de edificios en desuso para seguir dotando ao rural de máis servizos e oportunidades

“Con servizos para que todos aqueles que queiran vivir nel poidan facelo; e con oportunidades para todos aqueles que queiran vivir do rural”, abunda

15/01/20 | 13:41

Medio Ambiente mobilizou preto de 450.000 euros na última década para humanizar e recuperar espazos urbanos no concello de Leiro

A conselleira Ángeles Vázquez visitou o concello ourensán para comprobar o resultado dos traballos realizados na contorna do Campo da Feira e supervisar as obras de rehabilitación que se están a rematar na pasarela colgante sobre o Avia

14/01/20 | 12:57

Medio Ambiente financia na súa totalidade a redacción do primeiro Plan Xeral do Concello de Monterrei

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Monterrei asinaron esta mañá un convenio de colaboración, polo cal a Xunta asume ao 100 por cento o custe deste proxecto de ordenación urbanístico

08/01/20 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O proxecto da estación de autobuses intermodal de Ourense foi aprobado pola Comisión superior de urbanismo de Galicia, da que forma parte o Colexio de Arquitectos

Sinalar que está acordado co Ministerio de Fomento e o Concello e incorpora os cambios solicitados pola entidade colexial

04/01/20 | 12:01

Medio Ambiente executa as obras de mellora e humanización da contorna do centro de saúde no Concello de Frades

Trátase dunha actuación que se leva a cabo no marco dun convenio de colaboración co concello e cuxo orzamento ascende a case 85.000 euros

01/01/20 | 11:01

Unha trintena de centros de ensino participan na primeira edición do proxecto formativo Eu son inspect@r urbanístic@

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da APLU, en colaboración coa Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia