Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/03/20 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo nos treitos interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Aceñas, nas parroquias de Paradela e Baión

07/03/20 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo do Navallo, no concello de Riós

O contrato, cun investimento autonómico duns 12.000 euros, ten un prazo de 4 meses para desenvolver os traballos

07/03/20 | 10:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campionato de España de Atletismo en pista cuberta deixa en Ourense mostras dun gran nivel deportivo e organizativo: máis récords, máis audiencias, máis asistentes e maior retorno

O conselleiro de Economía e Industria asegura que “desde hoxe comezamos a traballar para poñer a disposición da federación española outro tipo de probas, por que non un campionato europeo”

06/03/20 | 19:08 | C. de Sanidade

Sanidade continúa o estudo dos contactos do cuarto caso confirmado e mantén reunións coa Anpa e a dirección do IES de Moaña onde cursa estudos

Trátase dun brote de vínculo familiar xa que o menor é fillo da muller diagnosticada onte por coronavirus na área sanitaria de Vigo

06/03/20 | 19:00 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta enxalza a traxectoria de cinco mozas e mozos na primeira edición dos Premios Talento Mozo nos eidos da ciencia, o rural, o deporte, a empresa e a cultura e creación

Recoñece a carreira profesional da atleta Ana Peleteiro Brión, do científico Christian Vidal Vides, da especialista en cunicultura Paula Rodríguez Villamayor, do empresario Jorge López Rodríguez e da comisaria e xestora cultural Sara Donoso Calvo

06/03/20 | 18:12

A Xunta licita hoxe o acondicionamento da nave de reparación de redes do peirao norte do porto de Burela por 287.000 euros

As empresas interesadas en optar á execución das obras poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 1 de abril

06/03/20 | 18:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acometerá obras de mellora na estación de autobuses de Lugo por un importe de case 28.000 euros

Acondicionarase unha zona da cuberta e renovarase parte da instalación de saneamento