Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/09/22 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Galicia Design Weekend converterá Vigo na capital do deseño do noroeste peninsular co apoio do Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este mércores a iniciativa gratuíta que se celebrará o vindeiro 1 de outubro na cidade dentro do programa da Galicia Design Week
 

28/09/22 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a execución dun itinerario na estrada AC-552 en Nantón, no Concello de Cabana de Bergantiños

O contrato, adxudicado por máis de 18.000 euros, definirá as actuacións necesarias para habilitar unha senda mixta, de uso peonil e ciclista, pola marxe dereita da vía

28/09/22 | 13:34 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha a estratexia coa que busca eliminar a hepatite C como problema de saúde pública en Galicia antes de 2026

O obxectivo da folla de ruta galega adiántase en catro anos ao proposto pola Organización Mundial da Saúde

28/09/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a aposta da Xunta pola transformación dixital do sector cultural en Vigo e a colaboración con Galaxia para crear un departamento de I+d+i e unha nova liña de impresión baixo demanda

A delegada da Xunta en Vigo visitou as instalacións da editorial viguesa e coñeceu de primeira man o proxecto que pretende abaratar a creación e edición de publicacións

28/09/22 | 13:21

O veto á pesca de fondo tería un impacto de ata 816 M€ na economía galega e podería afectar a arredor de 4.400 tripulantes

A Xunta advirte de que a incidencia na frota provocaría o colapso de moitas outras actividades marítimo-pesqueiras e da cadea mar-industria, ben pola caída loxística, o arrastre comercial ou a perda de demanda de bens

28/09/22 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra dalle os parabéns á residente de Campolongo Pura Matos por converterse en centenaria

Luis López, acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, compartiu a celebración con esta muller, que vive no centro público para maiores da Xunta no barrio pontevedrés, e fíxolle entrega dun ramo de flores polo seu cen aniversario

28/09/22 | 13:05 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do espectáculo “Inventio” que comeza en Ferrol para continuar en outras cidades galegas, España e Portugal

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, valorou unha posta en escena dirixida a todas as idades que suma maxia, danza e circo para espallar a mensaxe dos valores do Camiño

28/09/22 | 12:53

Galicia participa na elaboración dun catálogo estatal de referencia de políticas e servizos en materia de violencia contra as mulleres

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe o pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero ante o que destacou a continuidade do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que solicitara Galicia

28/09/22 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en San Cibrao das Viñas a aposta por un modelo económico baseado en novos procesos produtivos e nun consumo máis eficiente

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na xornada A economía do futuro é circular, onde pon en valor a Estratexia Galega de Economía Circular 2019-2030, que establece como principios básicos a redución, a reutilización e a reciclaxe, ademais das estratexias de deseño sostible