Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda anuncia a participación da Xunta a través da sociedade Impulsa Galicia para crear unha planta de transformación de xurro e outros residuos gandeiros en biometano e fertilizantes orgánicos
O presidente destaca que este proxecto no que están implicadas Reganosa, Repsol e Naturgy contará cun investimento de 146 M€ e creará 600 postos de traballo, entre directos e indirectos
A Xunta destaca a aposta da ITV pola innovación e a sustentabilidade na súa rede de estacións que sumará dúas liñas fixas en Palas de Rei
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá o concello, onde mantivo un encontro co alcalde para avaliar este proxecto que, proximamente, comezará a súa tramitación administrativa
A Xunta afronta a fase final da construción dunha senda peonil na PO-313 entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín, cun investimento de 611.000 €
O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa, María Ramallo, supervisou hoxe pola mañá esta actuación, consistente na creación dun itinerario seguro de 800 metros que quedará rematado antes de que conclúa o presente ano
A Xunta financia con 182.000 euros a contratación de sete orientadores laborais en cinco municipios e a mancomunidade de concellos da comarca de Ferrolterra
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste nesta convocatoria en toda Galicia 6,8 millóns de euros que permitirán a contratación e mantemento de 268 orientadores laborais en 94 concellos e 40 entidades sen ánimo de lucro e confederacións e asociación empresariais e sindicais
Mañá abre o prazo para que a xuventude solicite as axudas para o pago do carné de conducir de coche, camión e autobús
A Xunta de Galicia engade como novidade nesta convocatoria as axudas para o permiso de bus
A Xunta salienta que as demostracións de voo do proxecto europeo AMU-LED avalan o posicionamiento de Galicia na vangarda da mobilidade aérea intelixente
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación destas probas que contribúen a evolucionar a regulación en materia de tráfico aéreo, cando conviven aeronaves convencionais e vehículos non tripulados,
O concurso de méritos que convocará a Xunta no ensino contará con 1.156 prazas en 148 especialidades
A Xunta informa da proposta para o proceso de estabilización que se levará a cabo nos próximos meses e cuxa cifra global foi xa abordada coas organizacións sindicais
A Xunta promove 11 funcións escénicas en Carballo, Vimianzo e Cee durante o segundo semestre do ano a través da rede galega de teatros e auditorios
Este circuíto de exhibición de espectáculos, coordinado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, reforza con catro funcións o programa do ‘Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)’ de Carballo
A Xunta pon en valor en Lleida as máis de 9.300 hectáreas que están sendo mobilizadas a través da lei de recuperación da terra agraria de Galicia
Inés Santé puxo en valor os 21 polígonos de iniciativa pública e as 21 aldeas modelo existentes en Galicia a día de hoxe, mediante os cales se están a beneficiar máis de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas