Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca o carácter inclusivo do Camiño de Santiago grazas a iniciativas como ‘Enki no Camiño’
Persoas con e sen diversidade funcional percorreron en bicicleta os máis de 370 quilómetros que separan a cidade portuguesa de Coímbra da capital galega
A Xunta apoia a Semana da Moda de Vigo na que participan 30 comercios da Asociación Zona Náutico
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacaron da iniciativa o seu dobre obxectivo de dinamización das vendas e visibilidade do comercio de proximidade
O Comité Europeo das Rexións destaca os servizos postos en marcha pola Xunta para facer fronte ao Brexit
O texto presentouse na sétima reunión do Grupo de Contacto entre o Comité Europeo das Rexións e Reino Unido en Bruxelas onde participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo
A Xunta impulsa o proxecto ‘Camiñoxtodas’ da asociación sociocultural ASCM para dar a coñecer o papel das persoas con discapacidade
A organización puxo en marcha esta actividade ao abeiro do programa ‘Iniciativa Xove’ do Goberno galego
García Comesaña pon en valor o traballo de AFAGA na procura de mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer e dos seus coidadores
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur desenvolverán unha investigación na procura de biomarcadores que teñan en conta o binomio familia-paciente
A residencia de maiores das Gándaras inicia a emisión das entrevistas ‘Pulsamos Lugo’, promovidas pola Xunta
O obxectivo é ofrecer unha nova actividade que axude aos residentes a manterse activos e a levar unha vida participativa
O centro de Aixola inicia o curso con 40 prazas en tres novas accións formativas para o sector pesqueiro
As clases son gratuítas e a inscrición está aberta para as últimas vacantes a través da páxina web da escola
A Xunta presenta a XVI edición da campaña “Outono Gastronómico” que comeza o vindeiro 16 de setembro en 73 casas rurais galegas
A directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que esta cita é unha gran oportunidade para a promoción de produtos senlleiros da gastronomía de Galicia así como das 5 denominacións de orixe dos viños da nosa comunidade
A Xunta mellora a dotación de equipamento de tres clubs deportivos de Boiro e Ribeira para apoiar as súas actividades
O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou unha das beneficiarias das axudas para a adquisición de equipamentos, nas que a Xunta inviste nesta comarca máis de 20.000 euros