Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta participa na presentación do Wos Festival no marco dos concertos do Xacobeo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación deste festival que terá lugar en diferentes localizacións de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela do 8 ao 11 de setembro.
A Xunta amplía a rede pública autonómica de escolas infantís coa apertura e posta en marcha do novo centro da Guarda, no que se investiron 845.000 €
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiron esta mañá á estrea desta escola infantil, que conta con 32 cativos matriculados para este curso
A Xunta apoia a XX Volta Ciclista a Galicia que percorrerá a comunidade a próxima semana
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou hoxe na presentación desta proba clásica no calendario nacional nas categorías elite e sub-23
A Xunta anima ás mulleres que interromperon a súa actividade profesional pola maternidade ou os coidados a participar no proxecto ‘Entrena Emprego Lugo’
A iniciativa está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Fondo Social Europeo, e promovida pola Fundación Santa María la Real
Galicia aposta por optimizar a xestión dos recursos mariños cunha rede de colaboración entre sector pesqueiro e organismos científicos
Esta iniciativa é pioneira na comunidade autónoma galega e enriquecerá os datos e argumentos de Galicia a favor dunha xestión marítimo-pesqueira na que estean en equilibrio os criterios medioambientais, económicos e sociais e para garantir o futuro do mar promovendo unha xestión responsable
Arranca en Santiago a VIII edición do Congreso Internacional de la SMYR co apoio da Xunta
Esta cita bianual destaca por ser un dos foros internacionais de maior prestixio e proxección no ámbito dos estudos medievais e renacentistas
A Xunta impulsa esta fin de semana a segunda edición de 'Artesanía de Galicia en Compostela'
No evento, que se celebra os días 10 e 11 de setembro no claustro de San Martiño Pinario, participarán 39 profesionais da marca Artesanía de Galicia de oficios como a xoiería, a marroquinería, o téxtil, a talla de pedra e de madeira, a estampaxe, o debuxo, a escultura, os complementos de moda, o traxe tradicional, a bixutería, a cerámica, os tapices, a elaboración de coitelos ou o bordado ao aire
Galicia rexistra un total de 1.300 casos activos por coronavirus
Un total de 670.290 pacientes xa están curados
A Xunta impulsa unha rede de colaboración entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia para mellorar a xestión dos recursos mariños
O acto de constitución deste organismo celébrase mañá na Cidade da Cultura coa participación da conselleira do Mar e de representantes tanto do sector pesqueiro galego como das entidades de investigación mariña máis importantes da comunidade
Os campamentos da Xunta de Galicia finalizan mañá cunha participación de récord
A campaña de verán deste ano contou con máis de 10.800 prazas en actividades de verán como campamentos, campos de voluntariado ou minicampamentos ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos