Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/09/22 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para dotar de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, que suporán un investimento de 445.000 €

Conectarase a estrada autonómica co viario interior do futuro parque de Lebozán, dándolle maior operatividade á área industrial e reforzando a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio

08/09/22 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na estrada AC-550, entre Noia e Ribeira, que suporán un investimento de máis de 2,6 M€

Actuarase no treito que une estas dúas localidades pasando por Porto do Son, entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850
 

08/09/22 | 13:53

A Xunta pon en valor a economía social e o traballo autónomo como fórmulas de impulso do emprego

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou na presentación dos resultados do informe ‘A Economía GIG’, no marco dun proxecto europeo no que toman parte o Concello de Vedra e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca)
 

08/09/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén destaca o esforzo inversor da Xunta en materia educativa na provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense, o investimento neste momento ascende xa a 10,5M€ e ten en carteira outras 6 grandes obras, por 5,6M€, cuxos proxectos prepara nestes momentos
 

08/09/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas no CEE Terra de Ferrol

A delegada territorial visitou o centro no que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade leva a cabo obras por preto de 70.000 euros
 

08/09/22 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra que os sucesivos gobernos mantivesen o compromiso coa renovación dos equipamentos culturais de Ourense

Subliña que as melloras na Biblioteca, o Arquivo e o Museo da cidade son “unha esixencia xusta e razoable dos veciños”
 

08/09/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias abre en Outeiro de Rei o curso escolar, do que destaca 78 actuacións en centros da provincia cun orzamento de case 18 M€

O delegado territorial de Lugo explica que hai 31 grandes obras en distintas fases de execución cun investimento próximo aos 17M€, ademais de 47 intervencións menores realizadas este verán noutros tantos colexios e institutos
 

08/09/22 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra en 12M€ a inversión actual da Xunta de mellora nos centros educativos da área de Vigo

O curso 2022/23 deu comezo hoxe para os estudantes de todas as etapas educativas, coa incorporación de 61.536 alumnos de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato no caso da área viguesa

08/09/22 | 12:09 | C. de Sanidade

A Xunta pechará este mes a estratexia galega para a eliminación da hepatite C

Este plan de acción utilizará cribados e métodos de busca activa para facilitar o diagnóstico de casos e aplicar o tratamento