Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza en Maceda un curso sobre poda e enxertado de castiñeiro
Impartirase os vindeiros días 13 de setembro e 25 de novembro na Oficina Agraria Comarcal desta localidade ourensá, cun total de 12 horas formativas
A Xunta presenta o ciclo PequeClassic coa finalidade de achegar a música aos máis pequenos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación deste festival que terá lugar nas 7 cidades galegas entre outubro e novembro
A Xunta publica unha orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF que permitirá poñer á disposición das entidades sociais 19,1 millóns de euros
Achegará fondos para facer fronte a gastos correntes e tamén para adquirir equipamento, obras de rehabilitación ou adquisición de vehículos adaptados
Máis de 3.300 persoas xa participaron nas accións do primeiro plan de formación específico para o sector servizos durante este Xacobeo
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade amplía o prazo límite para a impartición de cursos ata o próximo 30 de novembro
Galicia rexistra un total de 1.340 casos activos por coronavirus
Un total de 670.357 pacientes xa están curados
Trenor felicita ao Club del Mar San Amaro polos seus 87 anos de existencia e anima aos seus socios seguir avanzando para alcanzar o grao de centenario
O delegado da Xunta felicitou tamén aos socios que recibiron a insignia como recoñecemento aos seus cincuenta anos de fidelidade
A Xunta louva o papel clave da Unidade de Investigación de Incendios Forestais na detención dos tres presuntos autores de ata 10 incendios en Ourense e Lugo
A Garda Civil de Ourense prendeu tres homes aos que se lles vén de decretar o seu ingreso en prisión pola súa presunta relación con ata 10 focos rexistrados na comarca ourensá de Trives e na lucense de Ribas de Sil
A Xunta reabre ao tráfico a rúa Doadores de Sangue en Ferrol, coincidindo co inicio do curso escolar
A rúa quedou aberta á circulación pasadas as 19,00 horas, restando o pintado dos pasos de peóns nas entradas aos colexios, que está previsto acometer para mañá pola noite
A Xunta pon en valor a fervenza da Pedriña, no municipio lucense de Quiroga
Realizouse un acceso e uniuse este salto de auga e o de Pombar, ademais de colocar sinalización e dotar a contorna como zona de baño natural