Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/12/22 | 19:28 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a celebración do 30º aniversario de Proyestegal e pon en valor o seu labor a prol do agro

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou esta tarde no acto de celebración
 

15/12/22 | 19:05 | Axencia de Turismo de Galicia

Arranca en Ourense a segunda edición do Xacobeo Peregrinas con Lydia del Olmo e Cristina Pato

Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas nas sete cidades galegas levado a cabo polo Goberno galego coa colaboración da Fundación La Caixa

15/12/22 | 18:18

A Autonomía de Galicia será analizada no próximo número da revista Administración&Cidadanía

O consello de redacción da revista reuniuse esta tarde para aprobar os contidos do volume 17, número 1

15/12/22 | 17:57

A Xunta concede preto de 1,5 M€ en axudas para impulsar o desenvolvemento sustentable da área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas

As subvencións poden chegar ata o 100% do investimento subvencionable, cun importe máximo de ata 100.000 € no caso de que o beneficiario sexa un concello

15/12/22 | 17:14

A Xunta será parte coadxuvante no recurso da organización de produtores de Burela contra o veto á pesca de fondo para defender os intereses da frota

O Executivo autonómico intensifica deste xeito o apoio que vén brindando desde o principio neste asunto tanto ao sector marítimo-pesqueiro afectado por esta prohibición como á Administración estatal
 

15/12/22 | 16:49

A Xunta dota de doce puntos limpos móbiles o servizo mancomunado de Portas, Campo Lameiro e Moraña cun investimento de 72.000 €

O delegado territorial, Luis López, presentou esta mañá a mellora desta prestación itinerante, orientada ao fomento da separación e reciclaxe de residuos especiais, xunto aos alcaldes Ricardo Martínez, Carlos Costa e José Cela na Azucreira de Portas

15/12/22 | 16:35 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central que se orzamente a modernización do regadío do Val de Lemos

Inés Santé avanzou que o Goberno galego comezou a avaliar a posibilidade de desenvolver un novo proxecto de regadío nesta bisbarra lucense