Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o Concello de Sanxenxo ultiman os detalles para a ampliación do prazo da concesión do porto deportivo Nauta Sanxenxo
Ambas administracións mantiveron unha reunión de traballo na que constataron a situación de inseguridade xurídica creada polo Goberno central sobre as concesións autonómicas que ocupan solo portuario adscrito
A Xunta destaca os coidados de proximidade, a dedicación e a profesionalidade das casas de maior de Triacastela
Estes equipamentos tamén funcionan como lugares de encontro para os maiores que viven en concellos pequenos, polo que axudan a evitar situacións de soidade non desexada
A Xunta e o Norte de Portugal impulsan unha nova estrutura de cooperación transfronteiriza na contorna da ‘raia seca’ e do Gerês-Xurés
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea participou no acto de sinatura da declaración institucional para o seu lanzamento, xunto os presidentes da Deputación de Ourense e das CIMs portuguesas do Alto Minho, do Cávado e do Alto Tamega e Barroso
Sergi e Erik Quintela pechan na sede da Xunta o ciclo 'Luz ao Deporte', que chegou a máis de 1.200 escolares lucenses
Deportistas e exdeportistas de primeiro nivel explicáronlles aos rapaces as súas experiencias profesionais e vitais e expuxeron os seus exemplos de superación persoal
A Xunta sinala que a transformación empresarial require que as administracións estean á altura da súa iniciativa e visión estratéxica
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no 45º aniversario de Asime
A Xunta e o concello de Mos invisten máis de 1,2 M€ na mellora integral da urbanización de San Rafael
O obxectivo desta intervención é mellorar a accesibilidade entre os edificios residenciais e os dotacionais
A Fonsagrada acolle a rodaxe da longametraxe 'As Neves', de Sonia Méndez, que conta co apoio da Xunta de Galicia
Un equipo de máis de 60 persoas rodará ata o 14 de xaneiro na vila, e tamén nalgunhas localizacións da Pontenova
Lorenzana gaba o traballo dos Centros de Información á Muller que nos últimos dez anos atenderon máis de 650.000 consultas de mulleres
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou o IV Plan de formación do persoal destes centros que contan con 246 profesionais
A Xunta colabora co concello de Cualedro na mellora do abastecemento co fin de solucionar os problemas de subministro en episodios de seca
Augas de Galicia achegou 48.000 € para o financiamento das intervencións que garantirán o abastecemento nos núcleos de Lucenza e Cualedro
A Xunta comeza as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada PO-315 en Aldán, no concello de Cangas, cun investimento de máis de 265.000 €
A intervención estase a levar a cabo entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380, e na contorna do 13+500, para reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios