Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/12/22 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que a dotación de tecnoloxía aplicada nos centros de FP é unha aposta da Xunta pola innovación e a especialización destas ensinanzas

O titular de Educación do Goberno galego asegura que estes espazos “achegan aínda máis as ensinanzas formativas á realidade laboral e produtiva” e consolidan a FP galega como un sistema de calidade recoñecido a nivel nacional e internacional
 

14/12/22 | 12:32

A Xunta incrementa un 25% a dotación de persoal das oficinas de emprego con 136 novos postos permanentes de orientación laboral e prospección empresarial

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinará arredor de 5 millóns de euros a financiar a incorporación destes profesionais, fundamentais para a mellora das oportunidades laborais de galegas e galegos
 

14/12/22 | 12:21

Lorenzana pon en valor o compromiso da Xunta co benestar laboral como impulsor da retención de talento

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou hoxe nun coloquio con Cruz Roja organizado pola Asociación para el Progreso y la Dirección (APD)

14/12/22 | 12:11

A Xunta abrirá o 2 de xaneiro o prazo para solicitar as axudas para o alugueiro de vivenda

A convocatoria, dotada cun orzamento global de 13,75 M€, prevé axudas que poderán acadar os 300 € ao mes e se concederán por 1 ano, prorrogables ata un máximo de 5

14/12/22 | 11:54 | C. de Sanidade

Expertos debaten a importancia da prevención e coordinación na vixilancia epidemiolóxica na primeira xornada galega de saúde pública

Organizado pola Escola Galega de Saúde Pública, a Consellería de Sanidade acolle o primeiro foro galego de saúde pública, baixo o título “Ágora, agora, dando valor ao que estamos a facer”

14/12/22 | 11:54 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia a creación dun punto de encontro familiar para a comarca do Deza

Permitirá que as familias e os menores de idade non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para realizar as visitas establecidas polo réxime xudicial
 

14/12/22 | 10:31 | C. de Sanidade

A Xunta fai un chamamento á doazón de sangue debido a unha baixada xeneralizada das reservas

As reservas de sangue dos grupos 0 positivo e A positivo están en niveis máis baixos, polo que se fai un chamamento especial a doantes destes grupos

14/12/22 | 10:24 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.537 casos activos por coronavirus

Un total de 682.927 pacientes xa están curados

13/12/22 | 20:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
13/12/22 | 20:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia reclama ao Ministerio que retire a reforma da ABAU porque agravará as desigualdades entre alumnos en función da comunidade de procedencia

Román Rodríguez lamenta que a proposta que quere impoñer o Goberno central en vez de solucionar problemas “vainos acentuar ao tempo que devaluará a cultura do esforzo”